Olalla Rodil lamentou, que unha vez máis, o Partido popular vetara as solicitudes do BNG para que o Presidente da Xunta explique o colapso na Atención Primaria e o Vicepresidente 1º renda contas da denuncia de ADEGA ante a Fiscalía por presunto delito de prevaricación
Santiago de Compostela, 13 de decembro, 2022. O BNG centrará o vindeiro pleno na crise sanitaria do SERGAS e de maneira especial na Atención Primaria e tamén nas graves consecuencias, ambientais, económicas e sociais do desenvolvemento eólico en Galiza.
A viceportavoz do BNG Olalla Rodil solicitou a comparecencia “urxente” do Presidente da Xunta para explicar o colapso no que se atopa a Atención Primaria e, sobre todo, “as medidas que vai adoptar o Goberno galego para paliar esta situación”. Esta solicitude foi vetada polo Partido popular.
Para a deputada, o PP leva semanas “saltando de ocorrencia en ocorrencia”, primeiro co anuncio de atención sanitaria nos PAC por telepantalla. “Logo dixeron que non”, despois que as enfermeiras comezarían a exercer de médicos de novo, pero tamén tiveron que rectificar e “dicir que non”.
Polo camiño, o TSXG tomboulles por ilegal a instrución de que as farmacéuticas fixesen de médico renovando receitas e ante isto, o Partido popular anuncia que pecharían algúns centros de saúde para concentrar o servizo, medida que tiveron que dar marcha atrás por que por riba “botábanlle a culpa da ideas aos colexios médicos”.
Entre tanta “ocorrencia e improvisación”, desde o BNG cremos que o presidente da Xunta de Galiza debería comparecer no Pleno do Parlamento para dar explicacións do que está acontecendo pero sobre todo, aclarar que medidas vai tomar para garantir o correcto funcionamento do sistema sanitario público deste país e o dereito a unha atención sanitaria da máxima calidade para as galegas e galegos.
O PP veta a comparecencia do Presidente da Xunta para explicar o colapso sanitario
“O PP vetou esta comparecencia” pero aínda así, avanzou a parlamentaria nacionalista, o BNG centrará a sesión de control ao presidente nesta cuestión porque a nosa portavoz nacional, Ana Pontón preguntará que medidas vai adoptar para fortalecer a Sanidade pública”.
Por outra banda, o BNG tamén solicitou a “comparecencia urxente” en Pleno do vicepresidente 1º ante as gravísimas acusacións denunciadas por ADEGA na Fiscalía por “un presunto delito de prevaricación na tramitación de dous parques eólicos proxectados pola empresa Greenalia en Campelo e Feáns”.
Referímonos a “presuntas irregularidades da Xunta de Galiza que tería aforrado 11,7 millóns de euros a esta empresa enerxética na que traballa a ex-conselleira de Medioambiente do Partido Popular, Beatriz Mato”.
Rodil lamentou a postura do Partido Popular impedindo as comparecencias do Presidente da Xunta e do Vicepresidente 1º para “render contas”. De todos xeitos, salientou que Francisco Conde terá que facelo porque dende o BNG, “ímolo interpelar sobre esta cuestión”.
Por outra parte, o BNG tamén levará a vindeira sesión plenaria unha proposta para reclamar ao Goberno español “un trato xusto, a través dunha tarifa eléctrica máis barata e de medidas que garantan o respecto ao autogoberno de Galiza e aos dereitos medioambientais e sociais das galegas e dos galegos”. Até Aragón está defendendo agora os seus intereses territoriais como produtor de electricidade mentres aquí o PP “vota en contra sistematicamente de que as galegas e galegos nos beneficiemos da riqueza eléctrica que xera o noso país”, afirmou.
Non ao incremento das peaxes da AP-9 e da AP-53
Rodil tamén se referiu á Proposición non de lei para reclamar ao Goberno español que “non incrementen as peaxes da AP-9 e da AP-53” e poña fin “ao roubo a man armada aos petos das galegas e galegos”. Que se revise e “anulen” os convenios asinados nos anos 2011 e 2013 para a ampliación da Ponte de Rande e que se revise e anulen as ampliacións da concesión da AP9, atendendo ao requirimento da Comisión Europea porque senón pola ampliación asinada polo Partido Popular no ano 2000 “remataría dentro de 8 meses”, afirmou.
Finalmente, a deputada do BNG reclamou o “cumprimento inmediato do acordo do Parlamento de Galiza que reclama a transferencia da AP-9 a este país”.










O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



