Moitas das actividades foron programadas en colaboración con diferentes asociacións do municipio
Cervo, 12 de decembro, 2022. O Concello de Cervo programa para as festas de Nadal unha axenda chea de eventos e actividades para todo tipo de públicos en colaboración coas diferentes asociacións do municipio.
A programación de Nadal arrincaca este mesmo sábado 10 de decembro co belén de plastilina, ás 12:00H na Casa do Concello e ás 17:00 horas na Casa da Cultura en San Cibrao, para todos aqueles que queiran colaborar na súa elaboración.
O próximo sábado 17 de decembro entre as 11:00 e as 20:00H celebrarase o III Mercado de Nadal, organizado na Praza do Souto en Cervo da man de Cabaliño de Pao e A Morena.
O deporte volve a estar presente da man do XIV Campionato de Nadal de Nihon TaiJitsu, que terá lugar o domingo 18 de decembro ás 11:00H no pavillón da Veiga. Ese mesmo día pola mañá, un pasarrúas recorrerá San Cibrao a cargo do grupo Dambara de Burela.
O 22 de decembro o mesmísimo Papá Noel estará de visita nos dous colexios e na Escola Infantil.
O venres 23 de decembro os nenos poderán desfrutar do tren infantil na Praza dos Campos, entre as 12:00 e as 18:00 horas, e ás 21:00H, rematará a xornada cun concerto de jazz na mesma praza. Con motivo especial das festas de Nadal, o sábado 24 de decembro levarase a cabo en Cervo a Noiteboa infantil, organizada pola asoc. Fervenza de Sargadelos.
O luns 26 ás 17:00H, de novo os nenos contarán cunha Festa Acuática na piscina de Lieiro e, as 21:00H na Praza do Souto, dará comenzo a actuación da banda Superglú, o primeiro dos concertos de O Son do Nordeste pre-callofest organizados por Amigos da Troula e o Concello de Cervo.
A xornada do martes 27 arranca coa chegada ao municipio do Lásertag, unha novidosa actividade dispoñible para todo aquel que se achegue ao pavillón de San Cibrao, e rematará ás 21:00H na Praza dos Campos co concerto Pre-Callofest de Os Botafumeiros.
A arte dos malabares terá cabida nesta programación de Nadal o mércores 28 de decembro da man de Fran Boza e o seu show Malabaridades ás 18:30H na Praza do Souto. Á noite, na Praza dos Campos, os presentes desfrutarán da música de Joni Ramos&Sunday Morning Club, no marco dos concertos pre-Callofest que dará comenzo as 21:00H. O xoves 29 terá lugar a actuación Clowntamination da man de Rudi Rudi ás 18:30H e, a partir das 21:00H, o concerto da banda The Lazy Bones na Praza dos Campos.
O Callo Fest regresa á programación por todo o alto o venres 30 de decembro da man de Amigos da Troula. Os presentes poderán desfrutar na Praza dos Campos de racións de callos e despedir o ano ao ritmo de rock coas actuacións de diferentes grupos e ata un tributo á banda Linkin Park.
O sábado 31 de decembro terá lugar o tradicional brindis no local social de Trasbar, organizado pola asociación de veciños do Burgo de Trasbar, de 19:00 a 20:30 horas. A noitevella rematará tras a festa de fin de ano na carpa da Praza dos Campos á 01:30H.
Os nenos darán a benvida ao ano novo o luns 2 de xaneiro coa colchoneta Tubby, na Praza dos Campos, e rematarán a tarde coa historia Futura de Nadal, do contacontos de Rilo & Penadique na Praza do Souto. Poderán repetir na colchoneta tamén o 3 e o 4 de xaneiro e, para quenes queiran seguir desfrutando da música nestas festas, ás 21:00H dese 3 de xaneiro terá lugar o concerto da banda The Versionettes, na Praza do Souto.
O mércores 4 de xaneiro, na Praza dos Campos ou no Auditorio, en funcion do tempo, terá lugar a Gala de Nadal ás 20:00H. Os Reis Magos, como non podería ser doutro xeito, teñen tamén moito protagonismo nesta programación. O 5 de xaneiro, como xa é tradición, levaránse a cabo as cabalgatas en San Cibrao e Cervo, organizadas polo Concello de Cervo e Airiños do Xunco.
O sábado 7 de xaneiro, as 12:30H habera un espectaculo musical infantil na Praza do Souto e, -de novo da man de Airiños do Xunco- representarase a obra de teatro do grupo O Bordelo: “O Covid do mariñán”, escrita por Francisco Piñeiro. A función comezará ás 20:30H no salón de actos do Concello de Cervo.
Por último, o 8 de xaneiro a arte volve ter cabida coa actuación do mago Dani García ás 12:30H na Praza do Souto.
Dende o Concello de Cervo convidan a toda a veciñanza e visitantes a participar nas actividades programas e a gozar destas festas no municipio.












Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.


