A historia é unha disciplina que ten a súa historia. Esa historia da historia inclúe ideas que se foron sucedendo ou coexistindo entre si. Algunhas delas son amplamente coñecidas, como o tela presente para non repetir os malos tragos pasados, o seu estudo sinxelamente para coñecernos e saber de onde vimos, as pelexas pola interpretación, asignación de significado e mesmo borrado de feitos, ou a suposición -mesmo invención- de sucesos para favorecer unha determinada liña interpretativa. Crías que as ‘fake’ eran cousa moderna? Pois non, o que pasa agora é que son de moita máis doada transmisión! Se contamos os últimos tempos, tamén podemos incluír nesa metahistoria algo que apareceu de xeito moito máis recente, o que se podería chamar ‘borrado legal da historia’, concretado de xeito individual polo ‘dereito ó esquecemento’.
Estes días está no candeeiro un manexo histórico que xa leva tempo practicándose, aínda que de cando en vez xorde algún caso novo e volve ós titulares. Trátase da modificación de textos clásicos (os que non son ‘clásicos’ dalgún xeito, pasan directamente ó esquecemento), escritos no seu tempo de xeito máis ou menos transgresor ou político e conforme coas ideas vixentes daquela, onde como mínimo, substitúense agora determinadas palabras que neste tempo se consideran como inapropiadas por algún colectivo ou a nivel xeral da sociedade. O último en caer foi Roald Dahl, autor de textos para xente nova (Charlie e a fábrica de chocolate, Matilda, …), que no seu momento, se tiñan algo de transgresores, iso era precisamente un plus máis para o seu estilo.
Da mitificación como permiso para variacións históricas á censura social como eliminación da propia historia e a súa posible influencia na actualidade. En síntese, ese é o camiño recorrido ata o momento.
A cousa é que calquera que teña unha certa idade tardou en decatarse destas ‘historias da historia’, unha vez exceptuadas as ideas de que sirve para ver de onde vimos e aprender dos erros, esgrimidas como xustificación para o estudo regrado da materia. As pelexas pola interpretación non tiñan cabida en quen estudamos aínda na ditadura. O borrado de feitos chegou a min vía unha célebre foto na que se foron suprimindo de xeito sucesivo varios colegas de Lenin nun acto nos comezos da URSS, feito usado como propaganda anticomunista. O invento de sucesos fíxoseme manifesto por medio da prensa, e non porque os medios foran cos da feira e viñeran cos do mercado nun cambio de parecer, senón porque cousas como a tenencia de armas químicas polo Iraq de Saddam Hussein, unha vez usadas para convencer da necesidade do ataque, podía dicirse que eran desinformación ou sinxela mentira sen consecuencias negativas de ningún tipo para os ben protexidos mentireiros no seu poder.
En canto ás dúas últimas ‘historias da historia’ citadas ó comezo, aínda estamos ca crista da onda. Por unha parte, se tes abondos medios, podes lograr que as falcatruadas que fixeches hai uns anos desaparezan dunha internet que polo demais, sabe -e deixa saber- máis de ti que o que ti mesmo tes consciencia, sen que sexas capaz de parar de ceder máis e máis datos íntimos a unhas entidades que aplican unha nova versión de aquelo que di ‘todo o que digas poderá ser usado na túa contra’, coa ameaza continua de que pase o daquela cita dun célebre persoeiro que soe expoñerse máis ou menos como ‘dádeme catro liñas escritas por calquera persoa e atoparei motivos abondos para metela na cadea’.
Pola outra, o borrado de palabras, o cambio de textos que ilustraron toda unha cultura, tómase como un xeito doado, pero estimo que erróneo, de cambiar esa historia cultural para cambiar a cultura / historia / relato actual.
Pero tranquilos. Se hai unha sensación de aceleración dos cambios históricos, isto non remata máis que de comezar.























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



