Búscase contribuír a que 20.000 familias galegas poidan adquirir electrodomésticos máis eficientes e reducir a factura eléctrica, así como dinamizar as vendas no comercio de proximidade
Monforte, 8 de febreiro de 2023. O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, anunciou hoxe a apertura de prazo para solicitar as axudas do programa Galicia Renova Electrodomésticos. Con este motivo, Conde visitou en Monforte de Lemos Electrodomésticos Domínguez, un dos 419 establecementos que xa están adheridos a esta convocatoria -76 da provincia de Lugo- que permanecerá aberta ata que se esgote o crédito, sendo a data límite o 30 de setembro.
Tal e como explicou, o programa de axudas ten un dobre obxectivo: contribuír a que 20.000 familias galegas poidan adquirir electrodomésticos máis eficientes e reducir a factura eléctrica dos fogares, así como dinamizar as vendas no comercio de proximidade. Neste sentido, os comercios interesados poden adherirse ata o 30 de xuño.
A convocatoria conta cun orzamento de 3M€ -un 50% máis que en 2022- e está enmarcada no Plan de medidas específicas para o comercio galego. Os apoios están dirixidos a persoas que residan en vivendas localizadas en Galicia e queiran renovar os seus equipos por outros da mesma tipoloxía e coa seguinte cualificación enerxética: frigorífico ou frigorífico conxelador A, B, C ou D; conxelador A, B, C ou D; lavadora A, B ou C; lavalouza A, B ou C; ou encimera de indución total.
As axudas son de concorrencia non competitiva -por orde de solicitude- e tramitadas a través de entidades colaboradoras. Os apoios poderán acadar o 25% do prezo do electrodoméstico para un consumidor xeral e do 50 ou 75% para os consumidores con máis dificultades, polo que, segundo a tipoloxía de electrodoméstico e o consumidor, as axudas irán desde os 100 aos 450 euros. Cada beneficiario só poderá recibir unha axuda para cada unha das tipoloxías cun máximo de tres electrodomésticos por beneficiario.
Con esta convocatoria prevese unha mobilización de 10,5M€, aforros económicos anuais de 800.000 euros, unha redución do consumo enerxético de 4000MWh/ano, unha diminución das emisións de CO2 equivalente á plantación de 60.000 árbores e o mantemento ou creación de preto de 150 postos de traballo, entre directos e indirectos.
Con esta liña de apoios a Xunta aposta novamente pola transición enerxética e promove un cambio cultural que proporciona ás familias as ferramentas necesarias para promover un consumo responsable e o fomento da eficiencia enerxética.
Estas axudas alcanzan a súa cuarta convocatoria consecutiva desde 2020, posibilitando nos tres últimos anos un total de 45.622 actuacións, o que serviu como medida para reactivar a actividade comercial e facer fronte tanto aos efectos da pandemia neste sector como aos elevados prezos enerxéticos.























Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.



