Desde a ausencia duns orzamentos para 2023, o mal estado das infraestruturas ata a correspondencia das horas de axuda no fogar a persoas que as necesitan, foron os temas máis polémicos no pleno
Lourenzá, 17 de marzo de 2023. O Partido Popular de Lourenzá denuncia unha “clara falta de transparencia” e unha nefasta xestión por parte do goberno local. Así o afirman os populares despois de levar ao pleno deste xoves unha serie de preguntas relacionadas cos problemas cotiáns da localidade.
En primeira instancia, a pregunta máis importante foi a relacionada cos presupostos do ano 2023, que a día de hoxe o goberno local segue sen aprobar. “Non pode ser que o Concello de Lourenzá non dispoña de presupostos para o 2023 ata mediados deste ano 2023”, lamentan dende o PP local. De feito, consideran que “lonxe de facer fronte ás súas responsabilidades, o goberno socialista bota balóns fora”.
Por outra banda, os populares preguntaron sobre o mal funcionamento do punto limpo en Lourenzá. De feito, a Xunta de Galicia remitiu ao Concello un informe por este motivo. “O que non pode ser e que teñamos un punto limpo e non se utilice en condicións”, apuntan desde o grupo popular. Sen embargo, o goberno local lonxe de asumir as súas competencias e responsabilidades deu unha explicación “baleira e carente de contido. Segundo o goberno local non foi un informe, senón que foi unha inspección autonómica con observacións leves, nada fóra do normal”. Sen embargo, “o certo é que todo é un desastre, non se cumpren os horarios establecidos, os residuos perigosos acumúlanse e pode entrar calquera persoa. Hai cámaras, pero non cinta para gravar por si pasara algo”, explican desde o PP.
En relación ao Servizo de Axuda no Fogar (SAF), os populares explican que “o Concello de Lourenzá dispón de horas pendentes de asignar, mentres que hai varios expedientes resoltos a favor de persoas que necesitan atención e non teñen ningunha hora asignada”. Desde o goberno local as aclaracións volven a ser desculpas baseadas en que se irán asignando e cubrindo estas horas cando a Xunta as conceda, cando a realidade dista moito desta resposta. “A Xunta de Galicia non ten problema ningún en que se concedan as horas sempre que se pidan as horas necesarias para aqueles casos que sexan urxentes, como é o caso de moitos dos nosos veciños que teñen dependencia do grupo 3, é dicir, veciños que necesitan este servizo xa”, explican os populares.
En outra orde de cousas, tratáronse temas coma “o mal estado no que se atopa a motobomba do Concello, a carencia de contedores de lixo soterrados e o seu mal estado; así como deficiencias en certas infraestruturas no municipio”.











Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



