Ribadeo, 21 de marzo de 2023. Remataron os traballos de conservación e mellora da senda que vai desde a Vilavella ata o muíño de mareas das Aceas e nos terreos da Rede Natura 2000. A actuación, que consistiu na eliminación de especies exóticas invasoras, retirada de lixo e instalación de dous paneis informativos, realizouse nunha superficie de máis de 90.000 metros cadrados e o investimento ascendeu a 18.000 euros, procedentes de fondos europeos e do propio Concello.
O concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz, explicou: “rematáronse uns traballos de mantemento tanto na senda como nos terreos afectados pola Rede Natura 2000 na zona da Ría de Ribadeo no tramo da senda das Aceas. Actuouse na senda actual, que bordea todo o ámbito da Vilavella e que remata no muíño de mareas das Aceas. Tamén incluíron o control e retirada de especies exóticas e invasoras, a eliminación do lixo e de verteduras difusas e a instalación de dous paneis con información sobre as normas mínimas de comportamento para o público”.
O edil nacionalista subliñou que “todas estas intervencións de mantemento e control teñen un orzamento total de 18.149,99 euros, aportados por fondos europeos e o Concello de Ribadeo. A superficie total da actuación son 90.760 metros cadrados e o obxectivo prioritario deste tipo de accións é impedir a propagación destas especies invasoras e mellorar o estado de conservación dos hábitats da Rede Natura 2000”.
Para Díaz Freije “isto é un grao de area máis de toda esta política medioambiental que se está a facer desde o Concello desde hai xa moitos anos e que pretendemos seguir con ela, con este tipo de actuacións de conservación e de mantemento do estado de todas estas zonas verdes tan atractivas que ten o concello de Ribadeo”.
Ata a Vilavella se achegaron os concelleiros de Medio Ambiente, Medio Rural e Turismo, Jorge Díaz, Marcos Villamil e Pablo Vizoso.
























Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xoves dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



