Ribadeo, a 11 de maio de 2023. Na tarde de onte, no Salón de Plenos do Concello de Ribadeo, celebrouse unha importante reunión da Mesa de Traballo Interinstitucional de Violencia de Xénero. Durante a xornada, debateuse e finalmente aprobouse o II Protocolo de Prevención, Detección e Atención á Violencia de Xénero desde o Ámbito Local.
A concelleira de Igualdade, Mónica Freire, explicou que “o protocolo anterior, moi útil no seu momento, requiría un enfoque máis actualizado e completo pra afrontar a realidade actual da violencia de xénero na nosa sociedade”.
A edil ribadense subliñou que “o protocolo aprobado é unha ferramenta fundamental para garantir a protección das mulleres vítimas da violencia de xénero que establece unha serie de medidas especificas e procedementos que deben seguir os profesionais implicados na atención e prevención da violencia de xénero, como os servizos sociais, sanitarios, educativos policiais e o CIM, entre outros”.
Freire Rancaño dixo que “ademais o Protocolo permite unha atención máis coordinada e eficaz entre os diferentes servizos implicados na atención ás vítimas de violencia de xénero e contribúe a unha maior sensibilización e concienciación social sobre a importancia de previr e erradicar a violencia de xénero”.
“Desde o Concello de Ribadeo valoramos moi positivamente a aprobación deste protocolo, xa que supón un importante avance na loita contra a violencia de xénero e na protección das mulleres que a sofren”, engadiu a concelleira de Igualdade.












Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.


