Viveiro, 6 de maio de 2023. A sala multiusos do Concello de Viveiro acolle, do 8 ao 11 deste mes de maio, a exposición “EscribirARTE na Mariña” organizada pola Microrrede A Mariña, coa colaboración do Concello de Viveiro.
A Microrrede A Mariña é un proxecto colaborativo das bibliotecas escolares da Mariña que nesta edición inclúe 16 cadros, un por cada biblioteca da Microrrede, e un conto artístico. As obras plasman a alma dos proxectos dos centros, mesturando estilos tanto narrativos como artísticos cunha gran creatividade.
“O labor que desempeñan os responsables e traballadores da Biblioteca Municipal de Viveiro é clave para a dinamización cultural da nosa vila e, sobre todo, para atraer aos máis cativos e á rapazada cara uns hábitos de lectura imprescindibles na súa educación”, afirma a alcaldesa María Loureiro. “As actividades da Microrrede amosan que o traballo conxunto cos centros axuda a dar este empurrón e, ao mesmo tempo, serven de espello do enorme talento artístico que existe entre a mocidade da nosa vila”, engade.
O acto inaugural da exposición será este luns día 8 ás 18:30 horas e contará coa presenza de Primitivo Marcos Ferreiro, artista viveirense, que falará da súa última obra de banda deseñada ‘Viveiro 1810, Augas mortais’ ao tempo que presentará o seu próximo traballo.
Ao longo da semana tamén haberá actividades dinamizadoras tanto no CEP Lois Tobío, coa actuación do seu coro, na EEI San Roque de Viveiro coa representación de monicreques ‘Cocorico’, e no teatro Pastor Díaz, coa representación de monicreques ‘Hai algo máis aburrido que ser unha princesa rosa?’.
Na exposición inclúense os traballos dos seguintes centros: EEI San Roque (Viveiro); CEP Lois Tobío (Viveiro); CEIP de Celeiro (Celeiro-Viveiro); CEIP Plurilingüe de Covas (Covas-Viveiro); CEIP Plurilingüe Santa Rita (Galdo-Viveiro); CEIP O Vicedo; CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Rollán (Xove); CEIP de Cervo (Cervo); CEIP Península da Paz (San Cibrao); CEIP Plurilingüe Vista Alegre (Burela); IES María Sarmiento (Viveiro); IES Vilar Ponte (Viveiro); IES Illa de Sarón (Xove); IES Alfoz Valadouro; IES Monte Castelo (Burela); IES Perdouro (Burela); e o conto colaborativo entre as 17 bibliotecas Plambe da Mariña: “Rulando unha historia”.
A exposición poderase visitar no salón multiusos do Concello de Viveiro de 18.00 a 20.00 horas do 8 ao 11 de maio.


















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



