Ribadeo, 9 de xuño de 2023. No salón de plenos do Pazo de Ibáñez comezou esta tarde o III Ribadeo Ilustrado, que está dedicado este ano ao porto comercial e corsario. Ata o domingo desenvolveranse charlas, representacións, concertos e un paseo teatral e musical. A programación inclúe actividades para as nenas e os nenos.
O alcalde, Fernando Suárez, foi o encargado de presentar o III Ribadeo Ilustrado. O rexedor dixo que “van ser tres días intensos de lecer cultural arredor do coñecemento, con moitas novidades. A primeira, con respecto das presentacións das anteriores edicións, é que hoxe contamos coa reprodución do retrato que Francisco de Goya fixo de Raimundo Ibáñez, grazas á xestión que se fixo para conseguir o permiso de reprodución do orixinal que se atopa no museo de Baltimore”.
Suárez Barcia contou que “o Ribadeo Ilustrado foi concibido para dar a coñecer ao conxunto da cidadanía ribadense, e tamén aos nosos visitantes, a importancia da época histórica da Ilustración no noso concello. Daquela tiveron lugar unha serie de acontecementos que mudaron o ritmo económico da nosa vila, cambiaron a súa fisonomía e deixaron unha profunda pegada na sociedade”.
O alcalde subliñou que “é ben sabido que o porto comercial de Ribadeo coñece un dos seus períodos máis relevantes arredor do século XVIII. Nesta edición do Ribadeo Ilustrado seguiremos a falar da importancia desta vila como porto comercial, mais tamén da súa actividade corsaria e falaremos dun Ribadeo esplendoroso, á altura de Riga e Compostela no tocante á produción téxtil.
Fernando Suárez destacou o traballo realizado para levar a cabo esta terceira edición do Ribadeo Ilustrado: “para rematar queremos transmitir que este programa se deseñou con mimo e delicadeza. Énchenos de orgullo que a cidadanía ribadense se involucre a través de diferentes entidades: Grupo de Teatro de Ribadeo, Cuarteto Tradicional Illa Pancha, Amigos da Gaita, Agrupación Cultural Francisco Lanza, Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo. A participación da veciñanza a nivel individual ou en asociacións é mostra e garantía de éxito do proxecto. Agardamos que así sexa. Esa foi desde logo a idea coa que este Concello deseñou durante estes anos o Ribadeo Ilustrado e outros moitos proxectos”.
Por motivos alleos á organización, foi suspendida a conferencia de Alberto Paraje prevista para esta tarde: “esperamos que Alberto Paraje se recupere pronto e poidamos contar con el en vindeiras edicións”.
A primeira xornada do III Ribadeo Ilustrado rematou con concerto de cámara a cargo do grupo Fua.
Xunto a Fernando Suárez estiveron a concelleira de Cultura, Pilar Otero, e a técnica de Turismo, Begoña García.












López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.


