Lugo, 9 de xuño, 2023. As asembleas de traballadoras e traballadores da limpeza acordaron por unanimidade convocar unha xornada de folga o próximo 20 de xuño en demanda dun convenio colectivo digno, con subas salariais xustas, para a provincia de Lugo. Ademais, de non producírense avances na negociación, o persoal non descarta ir á folga indefinida a partir do mes de setembro.
A decisión chega en resposta á proposta económica presentada pola patronal, que consideran totalmente insuficiente tendo en conta que as táboas salariais do convenio xa foron superadas polo Salario Mínimo Interprofesional e que tan só nos dous últimos anos o persoal perdeu máis dun 12% da súa capacidade adquisitiva debido á inflación disparada.
Porén, a patronal limítase a ofertar un incremento total do 12% a repartir nos catro anos de vixencia (2022 a 2025), unha prima non consolidábel de 272€ para o ano 2022 e outra de 200 para 2023 (que tampouco sería consolidábel), e sen cláusula de revisión anual conforme ao IPC, consolidando deste xeito o empobrecemento dos salarios.
“Estamos falando de que unha limpadora cobra de salario base 13.594€/ano en 15 pagas. O que propón a patronal suporía perpetuar esta precariedade e deixar os soldos do sector na miseria”, denuncia Asunción Castiñeira, da CIG-Servizos de Lugo-A Mariña.
Contraproposta do persoal
As asembleas do persoal rexeitaron esta oferta de miseria e acordaron remitirlle á patronal unha contraproposta para reducir a vixencia do convenio a tres anos (2022-2024), e que en materia económica contempla unha suba salarial para 2022 do 6,5% con efecto reatroactivo a 1 de xaneiro, do 5,7% para o ano 2023 (tamén con efectos retroactivos), e un incremento do 5% para 2024 con cláusula de revisión.
As traballadoras e traballadores entenden que, despois do enorme esforzo realizado durante a pandemia e no contexto actual de carestía da vida, este é o momento de dignificar os seus soldos e mellorar as condicións laborais nun sector considerado esencial, mais altamente feminizado e precarizado e con escaso recoñecemento social.
Reunión o 27 de xuño
A próxima reunión da mesa está prevista para o 27 de xuño polo que dende as centrais sindicas CIG, CCOO e UGT instan a patronal a asumir as lexítimas demandas das traballadoras e dar unha resposta nos próximos días “se realmente teñen vontade de resolver o conflito. Porque se o sector ten que ir á folga, que teñan claro a patronal que non será pola mesma proposta que está agora enriba da mesa”.
Na provincia de Lugo hai arredor de 2000 persoas reguladas polo convenio de limpeza de edificios e locais que prestan servizos en lugares tan diversos como os centros de saúde, os colexios públicos, as dependencias municipais, os centros cívicos, edificios de vivendas, e todo tipo de industrias e empresas privadas.

















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



