A subdelegada destacou a implicación do persoal do centro vilalbés para ofrecer unha programación, centrada na literatura, atractiva para máis de 100 estudantes, que amosa o bo facer dos centros da provincia
Vilalba, 6 de xuño de 2023. A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, felicitou hoxe en Vilalba ao equipo docente e directivo do IES Santiago Basanta Silva polo seu gran traballo na promoción da lectura entre o alumnado do centro, tras ser recoñecido co primeiro galardón nos Premios Clubes de Lectura Escolares de toda España, na modalidade de centros de Secundaria, que concede o Ministerio de Educación e Formación Profesional. Fíxoo durante unha visita este martes, acompañada da alcaldesa en funcións, Elba Veleiro; a concelleira de Educación, Antía Rama; así como da directora do instituto, Mari Trillo; e a responsable do proxecto, Sabela Tenreiro; para coñecer de primeira man as actividades que levan a cabo no Club de Lectura `Almas de tinta´.
Isabel Rodríguez enxalzou a implicación do persoal do centro vilalbés para ofrecer unha programación, centrada na literatura, atractiva para os estudantes de todas as idades, que amosa o bo facer dos centros da provincia. Ademais, a subdelegada animounos a continuar nesta liña de traballo que repercutirá nunha mellora educativa e no futuro profesional dos propios alumnos.
O proxecto educativo conta con máis de 100 participantes, de todos os niveis educativos de secundaria e bacharelato, ademais dun grupo de adultos integrado por profesorado e veciños e veciñas do municipio. “Sodes un exemplo da importancia que ten promover plans orientados no desenvolvemento e crecemento dos rapaces e rapazas a través da lectura, con tempos diarios dedicados a ela, formando a lectores competentes, un dos grandes obxectivos do sistema educativo”, salientou a subdelegada.
Neste senso, Isabel Rodríguez avanzou que este recoñecemento do Goberno vai acompañado dunha achega económica de 4.500 euros destinada á realización de actividades “para conseguir que a lectura rompa as fendas estruturais e convértase nun hábito social real”.
`Almas de tinta´
O club de lectura do IES Santiago Basanta Silva leva dez anos servindo como rede neurálxica para as actividades do centro, realizando acampadas na biblioteca, actos de presentación de autores, faladoiros radiofónicas, roteiros literarios ou representacións teatrais, que proceden da literatura e da lectura de títulos como Aire Negro de Agustín Fernández, Frankestein ou Verne e a vida secreta das mulleres planta de Ledicia Costas, entre numerosos títulos.
A este respecto, a subdelegada na provincia subliñou que a iniciativa deste centro va máis alá dos libros, partindo deles, “danse numerosas actividades de distintas manifestacións artísticas que chegan a fora do centro e que fan atractiva a cultura para a sociedade vilalbesa, ofrecendo ideas orixinais, puntos de vista e novos coñecementos, impregnando na cidadanía un gran labor de dinamización”.
Durante o encontro, as profesoras explicaron que cada trimestre o profesorado escolle un ou dous libros, baseándose nas súas propias experiencias ou de propostas do alumnado e ao rematar de lelo, realizase unha actividade relacionada coa temática do mesmo.






















Con este xesto simbólico, expresou a súa solidariedade co pobo venezolano, trasladando o seu apoio ás familias das persoas falecidas, feridas e afectadas por unha traxedia que continúa deixando un elevado número de vítimas e miles de damnificados.
Por este motivo, o Concello recomenda ás persoas, colectivos e entidades que precisen facer uso dalgunha instalación municipal ou solicitar material que presenten as súas peticións coa antelación necesaria. A medida permitirá organizar adecuadamente a atención das solicitudes e a planificación dos recursos municipais.
Ao acto, que tivo lugar diante da sede da institución provincial, asistiron deputados e deputadas, membros da corporación provincial e empregados públicos, que gardaron un minuto de silencio como mostra de respecto e solidariedade coas persoas afectadas pola catástrofe. A Deputación quixo así unirse ao chamamento realizado pola FEMP en toda a España, expresando o seu apoio ao pobo venezolano nestes momentos de especial dificultade.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, visitouna no seu domicilio para felicitala e entregarlle un ramo de flores en nome de toda a veciñanza. Nada en Sargadelos e veciña de Cervo, foi a máis nova de dez irmáns e desde moi nova traballou no campo e coidou dos animais, sempre cun gran espírito de esforzo. Nai, avoa e bisavoa, a súa familia destaca a súa alegría, enerxía e bo humor. Moi activa ao longo da súa vida, gozaba de viaxar, da praia, de conducir e de participar nas actividades municipais, ademais de cultivar a súa paixón por cantar. Coqueta, sorrinte e cun espírito novo, Benedicta é hoxe un exemplo de vitalidade para todo o municipio.
O Pazo de San Marcos acolleu a conferencia final, de Manuel Andrade Baliño, e a entrega de premios ás alumnas e alumnos que obtiveron mellores valoracións nas probas que realizaron, o xoves, individuais, na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, e o venres, por equipos, en Mondoñedo. A final do certame, cunha axenda complentaria que achegou ás rapazas e rapaces ao patrimonio e á cultura, celebrouse por primeira vez en Lugo da man da Asociación Galega de Profesorado de Matemáticas (Agapema) e coa colaboración da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación.



