Antonio Ameijide recorda ao presidente da Deputación o fracaso do plan Innovate de Besteiro, no que se investiran 24M€, e que na realidade non serviron para avanzar na dixitalización real dos concellos da provincia xa que todos seguen practicamente na mesma situación que estaban
Venres 28 de xullo de 2023. Hai unha década que a Deputación de Lugo, da man do seu expresidente José Ramón Gómez Besteiro, anunciaba o plan Innovate, cunha contía económica de 24M€, para avanzar na dixitalización dos municipios da provincia. Un plan que, dez anos despois, foi un auténtico fracaso.
Agora, unha década despois, José Tomé tenta emular “ao Messi dos socialistas galegos” cun novo plan de dixitalización, nesta ocasión de 4M€ (3.731.847,98€) que “agardamos de verdade sirva para axudar a todos os concellos beneficiarios dos fondos, en lugar de ser outro fracaso”.
O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, insiste en que Tomé “non debe seguir os pasos do señor Besteiro e ten que preocuparse realmente por axudar á dinamización e desenvolvemento dos municipios da provincia de forma igualitaria, en lugar de beneficiar unicamente a aqueles gobernados por PSOE ou BNG”.
Un recordatorio que o voceiro popular fai ao presidente da Deputación, sobre todo tras ver como nos últimos días Tomé lanzou diversas mensaxes solicitando un adianto electoral. “Realmente no PSOE queren un adianto electoral tras ver como o pasado domingo perderon o 50% dos deputados nacionais que tiñan en Lugo e a 39.000 votos do PP. Igual o que queren é que o ‘Messi socialista de Lugo’ volva estrellarse tras ver como quedaron a 30 puntos do Partido Popular na provincia de Lugo”, explicou.
Os datos das eleccións do pasado domingo amosan que o Partido Popular subiu 30.000 votantes na provincia. “Están seguros no PSOE de Lugo que e interesante para eles un adianto electoral en Galicia tras ver como Besteiro agora terá que viaxar só a Madrid”, sinalou.



















Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada
A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.



