Os concelleiros do PP piden ao goberno socialista que sexa máis áxil á hora de xestionar subvencións doutras administracións que aforran cartos das arcas municipais lembrando casos coma o do campamento de verán ou o obradoiro de emprego para o que había xente interesada
Lourenzá, 23 de outubro de 2023. Os concelleiros do Partido Popular de Lourenzá denuncian que o informe do servizo de secretaría-intervención sobre a Conta Xeral do exercicio 2022 confirma a complicada situación económico-financeira do municipio. A alcaldesa non foi capaz de cadrar as contas e o Concello pechou o pasado exercicio cunha desviación orzamentaria de máis de medio millón de euros, en concreto, 519.172,27 euros de déficit.
A preocupación dos populares pola xestión económica-financeira do goberno socialista atópase motivada polo “incumprimento da estabilidade orzamentaria”; pero tamén porque ese descontrol de gasto non se está a traducir nunha mellora dos servizos municipais, en novos investimentos ou obras a favor das veciñas e veciños.
Os Concellos tiñan permitido no ano 2022 incorrer en desequilibrios ao estar suspendidas as regras de estabilidade orzamentaria pero, noutras circunstancias, ese déficit obrigaría a adoptar un plan de axuste, que non é nada descartable ter que asumir nun futuro próximo.
Os concelleiros do Grupo Municipal Popular en Lourenzá piden ao goberno local socialista que se dedique menos a atacar á oposición, a través dos medios de comunicación e das redes sociais, e sexa máis áxil á hora de xestionar subvencións doutras administracións que aforran cartos das arcas municipais e permiten planificar con tempo e previsión todo aquilo que beneficia aos laurentinos.
Como exemplo desta situación lembran o acontecido co campamento de verán –sobre o que recoñeceron que carecía de respaldo orzamentario, pese a ser un servizo moi positivo para o coidado e conciliación dos máis novos- ou coa negativa do Concello a solicitar un obradoiro de emprego, a pesar de que había veciños interesados en participar nel.
Desde o PP apuntan que non pretenden facer unha política de confrontación; senón cumprir co seu labor de control ante a evidencia de que “á alcaldesa se lle está indo das mans todo o que ten que ver coa xestión da Facenda municipal”.











Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



