Xa foron case 8.000 persoas dun total de 358 colectivos as que se beneficiaron destas viaxes gratuítas desde que a institución as puxo en marcha no ano 2021
Lugo, 12 de novembro de 2023. A Deputación de Lugo leva xerado un retorno económico de en torno ao medio millón de euros no sector turístico a través do programa de viaxes gratuítas Coñece a túa provincia dende a súa posta en marcha no ano 2021. Participaron en total 358 colectivos e case 8.000 persoas, que viaxaron gratuitamente polas distintas comarcas grazas a esta iniciativa, coa que a institución provincial busca fomentar o coñecemento dos recursos patrimoniais lucenses entre os propios veciños e veciñas, ao mesmo tempo, dinamizar a actividade do turismo, a hostalería e o comercio.
“Un éxito”, tal e como valorou a Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, quen sinalou que “este programa contribúe de maneira moi importante a difundir o enorme patrimonio cultural e paisaxístico da provincia e que xera riqueza dinamizando o turismo, a hostalaría e o comercio”. Engadiu García Porto que as experiencias son en xeral moi positivas e que ”tivemos que ir ampliando as prazas, porque todos os anos queda xente en lista de espera”.
Membros da Asociación Aldea Nosa, do Páramo, pecharon esta semana a terceira edición das rutas cunha viaxe a Guntín e Palas de Rei para coñecer diferentes bens patrimoniais, como a igrexa do mosteiro de Ferreira de Pallares, a Ponte Cabalar, a igrexa de Vilar de Donas e o Castelo de Pambre.
Esta semana tamén participaron no Coñece a túa provincia dúas asociacións de Lugo, a Federación Provincial de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios Avantar e a Asociación Carpe Diem. Os dous colectivos escolleron a Mariña. Os primeiros viaxaron cara Xove e Viveiro e coñeceron o faro de Punta Roncadoira, o Souto da Retorta e o casco histórico de Viveiro, mentres que os segundos escolleron a ruta dos concellos de Alfoz e O Valadouro e visitaron a fervenza do Pozo da Onza, o Castelo de Castrodouro e a Finca Galea.
Neste ano 2023 participaron preto de 3.000 persoas dun total de 142 colectivos.
O programa provincial incluíu esta edición un total de 37 itinerarios a elixir por toda a xeografía lucense. A Mariña e a Ribeira Sacra foron un ano máis os destinos máis solicitados polas asociacións e entidades sen ánimo de lucro participantes. As viaxes contaron con guías profesionais, e todas partiron dalgunha das dependencias da institución provincial, como o Pazo de San Marcos, o Mazo de Santa Comba, a Granxa Gayoso Castro, ou a Produtora do Servizo de Audiovisuais.




















Na Mariña será en Viveiro, na Praza Maior.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



