Foz, 24 de novembro de 2023. O Concello de Foz, dende a Concellería de Servizos Sociais, puxo en marcha neste mes de novembro a nova tempada outono inverno con cursos e talleres presenciais de diferentes actividades, pensadas para que participen as persoas maiores da vila e do resto de parroquias.
A concelleira de Servizos Sociais e Benestar, Ana Rojo, explica que “a finalidade destes cursos é buscar espazos de esparexemento e dar alternativas de ocio e tempo libre nas que as persoas participen realizando actividades que lles agraden e poidan disfrutar de maneira grupal, en horarios de mañá e tarde, na procura dun envellecemento activo; fomentando un entorno de encontro, socialización e aprendizaxe; impulsando propostas e actividades de cara á participación activa das persoas maiores, na mellora do seu benestar e a promoción dunha vida saudable, rachando así con unha soidade non desexada, á que moitas persoas se ven abocadas”.
Ana Rojo engade que “como en anos anteriores, os talleres fanse a demanda dos veciños e veciñas, buscando os horarios máis apropiados e tratando sempre de que todas as persoas poidan conciliar as actividades dos cursos coa familia e as tarefas da vida diaria. As actividades son moi diversas, desde talleres de bolillos, cursos de cociña de 2 e 3 horas de duración dependendo do seu formato, talleres de memoria, ximnasia de mantemento, pilates e ioga, benestar integral, primeiros auxilios e coidados a maiores no fogar (impartido por unha enfermeira titulada). Nesta nova tempada incorpóranse ademais os tan demandados bailes de salón ou bailes latinos, que se imparten en diferentes horarios e días na Sala Bahía, debido á gran demanda de solicitudes dos nosos veciños e veciñas. Os cursos desenvólvense nos centros cívicos e nas escolas públicas das parroquias, mentres que os do casco urbano fanse na cuarta planta de Servizos Sociais, no Club Náutico e na Sala Bahía.
A maioría dos cursos teñen unha duración de 6 a 7 meses e para calquera información ó respecto os interesados deben poñerse en contacto a través do teléfono 982.13.35.66, do Centro Social”.
Ademais a concelleira de Servizos Sociais agradece ó Club Náutico de Foz “o ofrecemento e dispoñibilidade das súas instalacións, facilitándonos poder impartir o curso de cociña e aproveitamento dos recursos da natureza da zona. Hai que agradecer tamén ó grupo de supermercados Gadisa o patrocinio e doazón dun cheque por valor de 300 euros para mercar produtos da gastronomía local e de proximidade, como achega ó curso de cociña”.
Para rematar Ana Rojo desexa aos participantes nos cursos “bos momentos, que compartan risas e disfruten de actividades pensadas por e para vostedes”.





















A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.



