A subdelegada avisou de que debemos de seguir a traballar na loita contra a violencia machista para erradicala, moi presente na sociedade, como indican os 667 casos activos na provincia
Lugo, 24 de novembro de 2023. A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, clamou durante o acto da subdelegación do Goberno polo 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, pola importancia de non dar ningún paso atrás para erradicar esta lacra que cada día están a vivir milleiros de mulleres e nenas no noso pais.
A subdelegada, xunto á Xefa da Unidade de Violencia de Xénero da Subdelegación, María Luisa Castro, e outros membros das institucións públicas, Policía e Garda Civil, manifestou o seu absoluto rexeitamento a todas as formas de violencia machista, “unha violencia estrutural que é a expresión máis cruel da discriminación, a situación de desigualdade e as relacións de poder dos homes sobre as mulleres”.
Isabel Rodríguez lembrou que exercer violencia contra as mulleres é sinónimo de vulnerar todo dereito fundamental, en referencia “á vida, á liberdade, á integridade física e moral, á igualdade e á dignidade das mulleres, os dereitos da infancia e o dereito para decidir libremente sobre o desenvolvemento da propia vida”.
Dende o Goberno, isto tradúcese na adopción e desenvolvemento dun conxunto de políticas públicas que teñen como obxectivo previr e dar resposta a todas as formas de violencia, sempre tendo como eixe principal o benestar da vítimas e a súa seguridade.
Entre as medidas adoptadas neste ano en que se marca un punto de inflexión, atopámonos coa posta en marcha de novas normativas que teñen como principal motivación o consentimento expreso, así como o cumprimento do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, cercando aínda máis a protección das vítimas. Tamén a consolidación de gabinetes de crise para dar unha resposta ante os feminicidios entre outras normas.
Un dos fitos máis importantes feitos neste eido está recollido no Informe de Evolución do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero 2018-2022, que mostra uns resultados no que entre o total de medidas, o 96,8% están cumpridas ou en proceso e tan só o 3.2% están pendentes de execución.
Así mesmo, a subdelegada reafirmou esta loita cara a fora das nosas fronteiras, situando a España “en primeira liña da acción internacional para eliminar todas as formas de violencia contra as mulleres e as nenas, colaborando cos países socios no desenvolvemento de sistemas que axuden a previr estes delitos, protexer ás vítimas e perseguir aos perpetradores”
“A loita contra as violencias machistas forma parte do corazón da nosa democracia, e é desde este compromiso cos dereitos humanos e as liberdades fundamentais desde o que o Goberno quere enviar de novo unha mensaxe de recoñecemento e homenaxe a todas as mulleres, nenas e nenos vítimas da violencia machista, a quen xa non está, ás súas familias, e a todas as sobreviventes” rematou a subdelegada a lectura do manifesto
Casos activos na provincia
A subdelegada afirmou que debemos seguir a traballar na loita contra a violencia machista para erradicala, alegando que está moi presente na sociedade, como o demostran os 667 casos activos na provincia que ten notificados o Sistema Vioxén de protección das vítimas. A subdelegada detallou que destes non hai casos catalogados de risco extremo, pero si hai 5 de risco alto, 126 que son de risco medio, 310 de risco baixo e 226 de risco non apreciado.



















O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
A programación presentouse na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Alfonso Villares; o alcalde, Francisco Balado; e representantes da entidade organizadora. Villares lembrou que a asociación recuperou o ano pasado a tradicional celebración do Corpus Christi na parroquia e destacou o seu labor impulsando actividades que fortalecen a convivencia. A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa e a sesión vermú, continuará ás 15:00 co xantar popular e incluirá sorteos, animación musical, unha cea a base de petiscos e verbena.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



