O Pescados Rubén Burela FS foi un furacán esta tarde en Villafontana ante o terceiro clasificado da taboa
Burela, 9 de decembro, 2023. Esta tarde ás 18.30h no pavillón Villafontana de Móstoles xogábase a 13ª xornada da Primeira Division Iberdrola FS, MRB Móstoles FSF – Pescados Rubén Burela FS. Un encontro no que o Pescados Rubén Burela FS dominou os 40 minutos, demostrando un xogo en equipo e un ritmo espectaculares ante un conxunto moi forte que non logrou remontar o partido.
Na primeira parte comeza presionando o conxunto mariñán cun tiro de Cami tras unha recuperación no primeiro minuto de partido. No minuto 7 comeza abrindo o marcador Noelia Montoro con gol de rexeite tras un centro de Irene Samper que remata Dany pero detén a porteira rival, Ari. No minuto 14 Emilly mete o segundo pola escuadra desde o bordo da área tras unha recuperación. Domina o Burela a primeira parte, continuando coas oportunidades como un pau de Emilly no minuto 18. Chega o descanso 0-2 no marcador.
Na segunda parte arrinca Antía Pérez metendo o 0-3 no minuto 21 e aumentando a frustración do equipo local. Continúa a presión do Pescados Rubén e chega o 0-4 no minuto 25 cun gol de Rafinha desde o bordo da área tras un pase de Emilly. E un minuto despois o segundo de Emilly, que aproveita un balón solto tras un tiro de Irene Samper dende a banda ao segundo pau. No minuto 34 Celia consegue anotar o tanto do Móstoles cun golazo pola escuadra coa zurda. Remata o encontro 1-5 no marcador.
Ficha Técnica MRB Móstoles FSF – Pescados Rubén Burela FS
MRB Móstoles FSF (1): Ari; Inma, Benete, Celia, Montufo -cinco inicial-, Patry, Claudia, Piti, Ampi, Silvia Carral, Clau, Pitu (P). Entrenadora: Patri Chamorro
Pescados Rubén Burela FS (5): Caridad; Cilene, Cami, Antía Pérez, Patricia -quinteto inicial-, Dany (C), Aroa, Irene Samper, Rafinha, Noelia Montoro, Emilly, Jozi Oliveira (P). Entrenador: Julio Delgado.
Goles: 0-1, min.7: Noelia Montoro. 0-2, min.14: Emilly. 0-3, min.21: Antía Pérez. 0-4, min.25: Rafinha. 0-5, min.26: Emilly. 1-5, min.34: Celia.
Árbitros: Marta Garvalena Crespo, Diego Sarasúa Álvarez, Álvaro Galán Velasco, David Sánchez Prados.
TA: Celia, Inma, Patri Chamorro, Emilly, Antía Pérez.












A representación terá lugar este sábado día 18, ás 19:30 horas, no local social da Asociación de Veciños de Marzán, un dos destinos habituais nas xiras anuais da compañía. O Centiño mantén así a tradición de visitar este espazo, onde agarda compartir co público unha tarde divertida e chea de humor. A agrupación teatral continúa así coa difusión da súa nova obra, que segue a percorrer diferentes escenarios da comarca.
Dezaoito locais hostaleiros de Ribadeo, Rinlo e Vilaframil ofrecerán diversas preparacións ata o vindeiro domingo: en escabeche, en salpicón, en empanada, ao allo, á prancha, en albóndega, etc… Todas as propostas poden consultarse nas redes sociais de Acisa Ribadeo, que agradece “unha vez máis o apoio da OPP do Porto de Burela, que nos doou 90 quilos de cabala para estas xornadas, produto que entregamos de xeito gratuíto aos locais participantes. Achegámoslles así unha parte do peixe que empregarán nesta nova cita gastronómica na que tamén colabora o Concello de Ribadeo”. Ata o porto, ao restaurante Marinero, se achegaron este mediodía o director territorial da Consellería de Mar, Alexandre Piñeiro, as concelleiras ribadenses Montse Seijo, Elena Sierra e Begoña Sanjurjo, a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, o xerente do colectivo empresarial, Jesús Pérez, e o técnico de Acisa, Jorge Fernández, que puideron degustar as elaboracións realizadas por este establecemento hostaleiro.
Durante a xornada Lionel compartirá a súa experiencia no mundo da escrita, dando a coñecer os seus procesos creativos e as temáticas que caracterizan os seus libros. O acto incluirá un coloquio participativo cos asistentes do club onde poderán preguntar e intercambiar opinións co autor sobre o libro lido “A raíña das velutinas”.
O sábado terá lugar no Casino o III Showcooking, con cociña en directo e maridaxe de viños. O público poderá votar os seus pinchos favoritos e participar no sorteo dunha noite no hotel Marqués de Riscal. A entrega de premios será o luns 20 ás 19:00 h. O Concello e Destino Navia animan a veciños e visitantes a gozar desta cita gastronómica.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
As persoas interesadas poden anotarse ata o 24 de abril na Casa do Concello (Cervo) ou na Casa da Cultura (San Cibrao). A actividade está dirixida a persoas pensionistas empadroadas no municipio. Trátase dunha xornada pensada para compartir, celebrar e desfrutar en comunidade.


