José González sinalou que estas achegas -incrementadas con máis de 5 millóns respecto ás de 2023- se enmarcan dentro dos 83 millóns de euros incluídos nos orzamentos do vindeiro ano para accións que permitan seguir afondando na remuda xeracional e a competitividade no agro galego
Curtis (A Coruña), 9 de decembro de 2023. O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado polo director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, e polo alcalde de Curtis, Javier Caínzos, visitou hoxe a Feira desta localidade coruñesa. Nesta cita, o conselleiro avanzou que proximamente se aprobarán as novas partidas anuais, para 2024, de apoio aos investimentos en explotacións -os coñecidos como plans de mellora-, as de incorporación de mozos ao rural e para a instalación de pequenas explotacións, cunha dotación total de 44 millóns de euros -o que supón máis de 5 millóns respecto a este ano-, co fin de seguir apostando polo sector que configura un dos piares básicos da economía galega.
Cabe sinalar que estas liñas se enmarcan dentro dos 83 millóns de euros incluídos nos orzamentos da Xunta de Galicia para 2024 destinados a accións que permitan seguir afondando na remuda xeracional -con máis de 4.500 mozos incorporados ao sector primario dende 2009 a través destas axudas- e a competitividade do agro galego.
Compromiso co sector leiteiro
Sobre o sector leiteiro, José González quixo aproveitar a súa estadía en Curtis -un concello de clara vocación cara este sector, que produce anualmente máis de 45 millóns de litros de leite- para reiterar o compromiso da Xunta con este eido produtivo. Unha aposta que -salientou- se plasma na propia Estratexia de dinamización, que xa deu froitos como a aplicación informática Contaláctea, creada para que os gandeiros poidan calcular con precisión os seus custos de produción e, en consecuencia, saber a que prezo teñen que vender o seu leite para manter a rendibilidade das súas explotacións.
Así mesmo, entre outras medidas, recordou tamén o esforzo en materia de control do rendemento leiteiro, que se acaba de plasmar cunha achega, por parte da Xunta, de 750.000 euros en axudas para procurar unha maior eficiencia produtiva do sector e favorecer a súa sustentabilidade.
Neste sentido, reafirmou o compromiso da Xunta en materia de consumo de produto de proximidade, seguindo a liña das políticas europeas e internacionais de fomento dos produtos de proximidade. Tal e como sinalou o conselleiro, estes produtos teñen unha gran importancia no desenvolvemento do rural, na medida en que favorecen a loita contra o cambio climático -pola súa baixa pegada de carbono- e acadan unha gran calidade, vinculada ao territorio e ao “saber facer” dos agricultores e gandeiros.
Lei da calidade alimentaria
Ademais, o conselleiro salientou a Lei da calidade alimentaria de Galicia, actualmente en trámite no Parlamento, como un elemento fundamental na aposta do Goberno galego a prol da calidade destas producións, e que contribuirá a terminar de consolidar nos diferentes mercados, e con todas as garantías para os consumidores, os produtos alimentarios producidos, elaborados e comercializados na nosa comunidade.
Nesta liña, González trasladou que esta norma desenvolve a vía da calidade como estratexia para competir nos diferentes mercados, desde os de proximidade ata os internacionais. Porque Galicia -engadiu o conselleiro-, con pequenas explotacións familiares, pequenas empresas e condicións naturais óptimas para a produción de alimentos de calidade, debe optar por esta vía.
Abundando nesta argumentación, o conselleiro sinalou que este texto legal pechará o marco de ordenación e normativo da Xunta para o rural galego, que permite avanzar nas liñas estratéxicas da recuperación, a prevención e a propia calidade. Este ciclo complétase coas leis de recuperación da terra agraria, en vigor desde 2021 e que e que favoreceu a mobilización de arredor de 10.000 hectáreas, e de loita integral contra os incendios forestais, actualmente en tramitación. Tamén citou, nesta liña da planificación, o Plan Forestal de Galicia e as estratexias de dinamización da carne, o viño e o leite.




















A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.
A iniciativa forma parte do Plan de Sostibilidade Turística en Destino Xacobeo 2021, financiado con fondos europeos Next Generation. No acto proxectouse o tráiler e un capítulo completo. Tras a estrea, os contidos difundiranse nas redes sociais e no YouTube municipal, e no verán organizarase un novo evento para ver a serie íntegra.



