Lugo, 5 de decembro de 2023. A área de Cultura de Vicepresidencia da Deputación continúa co Circuíto de Teatro Afeccionado que esta semana achégase a seis concellos da provincia. As representacións están previstas en: Outeiro de Rei, Riotorto, Cospeito, Pol, O Valadouro e Barreiros.
Axenda e notas sobre as obras
Fuga (57 PALABRAS)
Sábado 9 de decembro | 17:00h | LOCAL SOCIAL DA ASOCIACIÓN PENA DE RODAS (OUTEIRO DE REI)
Comedia de acción. Público a partir de 14 anos.
Autoría: Jordi Galcerán
Dirección: Patricia Neira
Duración: 80 min.
Sinopse:
Nesta historia ninguén é o que parece. Un grupo de timadores intenta estafar a un político caído en desgracia pola súa ambición, pero este tampouco é tan parvo coma eles pensan, ou iso cre el. Con este fio argumental, abórdanse temas serios cun tono de humor, como a infidelidade, a corrupción, a dependencia, a avaricia e a procura do amor. A intriga manterase ata o final.
O menciñeiro á forza (OS PÍCAROS DA LAGOA)
Sábado 9 de decembro | 18:00h | LOCAL SOCIAL DA ANTIGA ESCOLA DE ÓRREA (RIOTORTO)
Comedia. Todos os públicos.
Autoría: Adaptación de Carballo Ferreiro
Dirección: Os Pícaros da Lagoa
Duración: 90 min.
Sinopse:
Unha muller farta do seu marido folgazán, trama un escarmento porque non o atura máis.
Ao final todo acaba ben, pero non se pode contar máis, a historia ten moralexa, quen a queira
saber, a obra ten que ver.
De poucas luces (O CENTIÑO)
Sábado 9 de decembro | 19:00h | ESCOLA DE PINO (COSPEITO)
Comedia. Todos os públicos.
Autoría: Pepe Peinó
Dirección: Pepe Peinó
Duración: 55 min.
Sinopse:
O Nadal é tempo de paz, de esperanza, de felicidade, ilusión e luz. Frei Bombilla, o abade do Mosteiro da Luz é consciente disto e, coa axuda de Sor Luminiscencia, abadesa do Mosteiro do Resplandor, organiza o Primeiro Concurso de Luces de Nadal. O colorido, a intensidade, a brancura, incluso a luz da razón e a luz do corazón compiten por levar o premio, máis de novo triunfa o concursante máis inesperado. Paquiño sabe de verdade como iluminar o mundo.
Camping gas (OS TROCOS)
Sábado 9 de decembro | 20:00h | CENTRO SOCIOCULTURAL DE MOSTEIRO (POL)
Comedia. Todos os públicos.
Autoría: Iria Acevedo. Obra adaptada por Guillermo Cancelo.
Dirección: Guillermo Cancelo
Duración: 70 min.
Sinopse:
Un camping nas Rías Baixas en tempada alta. Música, baile, sol e praia. Unha dona con moito poder. Veraneantes que mesturan o amor, o desamor, o desexo, a corrupción e as envexas nun cóctel explosivo para refrescar un calor abafante. Don Félix Galván, concelleiro de urbanismo de “La Toja”, está inmerso nunha operación ilegal que implica a varias concellarías e tamén ao camping por cousas dun amor do pasado.
Aire fresco (ARDORA)
Domingo 10 de decembro | 20:00h | CASA DA CULTURA DO VALADOURO
Comedia. Todos os públicos.
Autoría: Francisco Piñeiro González
Dirección: Maria Paz Rodríguez Silva
Duración: 75 min.
Sinopse:
A crise da covid puxo de relevo problemas comúns, que todos temos na cotidianidade, pero que tenden a ser invisibilizados. As persoas maiores foron un dos colectivos máis afectados pola pandemia, dada a súa vulnerabilidade. Esta obra busca concienciar á sociedade sobre a necesidade urxente de prestar unha atención adecuada a quen cuidou e agora precisa ser coidado.
Pontenova Fassion Wii (LUME ESCÉNICO)
Sábado 9 de decembro | 20:00h | CENTRO SOCIOCULTURAL DE SAN COSME (BARREIROS)
Comedia. Todos os públicos.
Autoría: Guillermo Cancelo
Dirección: Guillermo Cancelo
Duración: 65 min.
Sinopse:
A deseñadora Carme Fouzas, natural da Pontenova, recibe o Premio Nacional de Deseño de Moda, ocasión que aproveita a alcaldesa dese Concello para organizar un desfile e, dese xeito, desviar a opinión pública local da maraña de corrupción urbanística na que se atopa. O traballo da deseñadora chama a atención do mesmísimo Benancio Hortera, o cal fará todo o que faga falta para que eses deseños formen parte da súa nova colección.
128 representacións de 31 compañías
A finais do mes de xuño arrancou o Circuíto de Teatro Afeccionado da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que se mantén en xira polas comarcas ata o 30 de decembro. Unha trintena de compañías teatrais e un total de 128 representacións, 40 máis que na anterior edición, sumaranse ao calendario de actividades dos concellos. Esta iniciativa está integramente financiada pola área de Cultura, que mantén así mantén o apoio ás artes escénicas e ofrece a asociacións e concellos a posibilidade de ampliar as súas axendas culturais.
As datas, horarios e lugares das representacións difúndense e actualízanse en cultura.deputacionlugo.gal






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



