Os populares cren que administración local ten que corrixir o trato dado a esta entidade, pois “dicir que, coa axuda de 15.000 euros da Deputación xa chega para por en valor o traballo desenvolvido a longo de tantos anos, parécenos un desprezo. O Viveiro é algo máis que isto. É toda unha institución para a cidade e mesmo para A Mariña”, remarca Gueimunde
Viveiro, 19 de decembro de 2023. O PP pide ao goberno local que se recoñeza a traxectoria do Viveiro Club de Fútbol polo seu centenario coa distinción de honra que marca o regulamento do Concello. Segundo explica a voceira Mariña Gueimunde, trátase dunha condecoración “máis que merecida” dada a relevancia histórica, social e deportiva que a entidade deportiva ten “e que foi demostrando ao longo de todos estes anos, sendo o berce de moitos deportistas que se educaron nos valores do esforzo, a solidariedade”.
Os populares cren que a entidade local ten que corrixir o trato dado a este clube, pois “dicir que, coa axuda de 15.000 euros da Deputación xa chega para por en valor o traballo desenvolvido a longo de tantos anos, parécenos un desprezo. O Viveiro é algo máis que isto. É toda unha institución para a cidade e mesmo para A Mariña”, remarca Gueimunde.
TRAXECTORIA IMPECABLE
O equipo viveirense é o segundo club da provincia de Lugo (tralo Ribadeo 1913) en acadar os 100 anos, e é un dos seis equipos de fútbol máis antigos de Galicia, despois do RC Deportivo de La Coruña , o RC Celta de Vigo, o Racing de Ferrol e o Rápido de Bouzas, entre outros.
Nacía o 23 de novembro de 1923, polo que, hai unhas semanas, cumpriu de xeito efectivo o aniversario do centenario sen que por parte do goberno local se teña feito ningún acto institucional conmemorativo para “unha efeméride tan significativa para o deporte local”.
“O rico patrimonio cultural, deportivo, social e histórico do que pode enorgullecerse esta cidade merece ter un recoñecemento por parte da administración que nos representa a todos, que ten ademais que velar polo seu mantemento e conservación para que poida seguir sendo un referente para as xeracións futuras”, insiste Gueimunde, pois, engade, “o Viveiro CF é sen dúbida un representante dese rico patrimonio, un clube que con esforzo altruísta de moitos viveirenses, permitiu de maneira continuada ata os nosos días a práctica do deporte nesta cidade a moitas xeracións que se sentían e senten orgullosos de pertencer a unha sociedade deportiva que ven levando o nome de Viveiro por toda España”, afirma a popular.
Por este motivo, lamenta que o goberno local non recoñeza a importancia de ter unha traxectoria ininterrompida de cen anos; “todos sabemos do excepcional que resulta no mundo do deporte”, conclúe.










O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



