Foz, 26 de xaneiro, 2024. O Colexio Martínez Otero de Foz ten o pracer de informar sobre as actividades que se levaron ou se levarán a cabo durante este trimestre. Estas actividades son as seguintes:
– Charla formativa sobre RCP: No noso colexio, tivemos a oportunidade de recibir unha charla formativa sobre a reanimación cardiopulmonar (RCP). Foi unha actividade moi enriquecedora, na que os nosos alumnos puideron aprender técnicas de primeiros auxilios que lles serán de gran utilidade no futuro.
– Día da educación: Celebramos o Día da Educación co obxectivo de concienciar á nosa comunidade educativa sobre a importancia da educación e o seu papel na formación dos nosos alumnos. Realizamos diversas actividades lúdicas e educativas para promover o coñecemento e o interese pola aprendizaxe.
– Día da Paz: O Día da Paz é unha das actividades máis importantes do noso colexio. Comezamos a xornada Eucaristía na parroquia, lemos un manifesto pola paz elaborado polo alumnado, ceibamos ao mundo a nosa mensaxe de paz guiada por un feixe de globos biodegradables e rematamos cun xogo onde moitos comercios da vila son protagonistas ao teren que superar probas en cada un deles ara completar o taboleiro de cada grupo.
– Festa da Solidaridade. Bocata solidario contra a fame no mundo: Co obxectivo de colaborar coas persoas máis necesitadas, organizamos unha xornada contra a fame no mundo. O noso alumnado e profesorado participan nesta actividade solidaria, na que recadamos fondos para axudar a combater a fame e a pobreza.
– Viaxes culturais: Durante este trimestre, organizamos viaxes culturais para que os nosos alumnos poidan coñecer e apreciar o noso patrimonio cultural. Visitamos lugares de interese histórico e artístico, como o Castelo de San Paio de Narla, Rinlo e a muralla romana de Lugo, fomentando así o coñecemento e a valoración da nosa cultura.
– Charlas: Realizamos diversas charlas sobre temas de interese para os nosos alumnos. Estas charlas abordaron temas como a igualdade de xénero, a prevención de riscos, a importancia da alimentación saudable, entre outros. Fomentamos así a formación integral dos nosos alumnos, proporcionándolles información valiosa para o seu desenvolvemento persoal.
– Entroido: Celebramos o Entroido coa participación de toda a comunidade educativa. Realizamos desfiles, bailes e actividades lúdicas relacionadas coa festa do Entroido. É unha xornada divertida e creativa, na que todos e todas poden expresar a súa creatividade e desfrutar dun ambiente festivo nunhas datas moi marcadas para toda a poboación focega.
– Día de Rosalía de Castro: Conmemoramos o Día de Rosalía de Castro, unha das figuras máis destacadas da literatura galega. Realizamos actividades de lectura, recitais de poesía e exposicións sobre a súa vida e obra. Fomentamos así o coñecemento e a valoración da nosa cultura e literatura galega.
– Día da muller e a ciencia: No noso colexio, tamén celebramos o Día da Muller e a Ciencia, co obxectivo de promover a igualdade de xénero e o interese pola ciencia entre os nosos alumnos. Realizamos actividades relacionadas coa muller científica e a súa contribución á sociedade, fomentando así a igualdade e o coñecemento científico.
Estas actividades forman parte dunha educación integral e enriquecedora, na que buscamos formar cidadáns comprometidos coa sociedade e coa construción dun mundo mellor. Agradecemos a colaboración de todos os implicados na organización e desenvolvemento destas actividades, así como o apoio da nosa comunidade educativa.






















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



