Ribadeo, 11 de xaneiro de 2024. Este sábado, 13 de xaneiro, terá lugar a XIII Festa do Comercio de Acisa Ribadeo, que repartirá 6.000 euros premios. O sorteo será nas carpas instaladas na Avenida Rosalía de Castro.
Desde Acisa a súa presidenta, Carmen Cruzado, explicou que “chega unha data moi importante para Acisa, chega un ano mais tras o Nadal o sorteo presencial da Festa do Comercio, que se realiza coas rifas entregadas durante toda esta campaña comercial de Nadal en Ribadeo, que deu comezo o pasado 1 de decembro. O sorteo comezará ás 20:30 horas, pero a urna estará instalada dende as 17:00 horas para que todos os veciños e veciñas poidan depositar as súas rifas nela con tempo e non ter que facer cola a última hora”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, explicou que “como todos os anos haberá cadeiras para que a xente mais maior poida seguir o sorteo sentada. Contaremos con pantalla xigante e con altofalantes para que todo mundo viva o sorteo da Festa do Comercio do mellor xeito posible. Vai ser un acto rápido, que tentaremos non dure máis de 30 minutos. O evento será conducido polo xornalista Félix Jorquera”.
Pérez Prada lembrou que “os premios, como xa anunciamos tamén son unha novidade. Por primeira vez sorteamos 6.000 euros en vales de compra de Acisa, que se repartirán nun de 2.500 euros, un de 1.500 euros, un de 1.000 euros, un de 500 euros e dous de 250 euros. Un destes últimos premios será non presencial, é dicir sortearase entre o total de rifas impresas. O resto sortearanse entre as papeletas que o 13 de xaneiro estean depositados na urna situada á entrada da carpa. Polo tanto é moi importante destacar que as rifas deben conservarse ata o sábado. Na urna hai que botar a parte máis pequena e que debe ir selada, e quedarse coa grande para o sorteo”.
Cruzado Iglesias subliñou que “si se extrae unha rifa que non está debidamente selada, quedará inmediatamente invalidada, tal e como recollen as bases do sorteo. Temos que insistir en que a xente poderá depositar as papeletas ata as oito e media da tarde, despois a urna trasladarase ao escenario desde o que dará comezo o sorteo desta XIII Festa do Comercio”.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, engadiu que “desde Acisa queremos agradecer de antemán ao Concello de Ribadeo a súa colaboración cos medios materiais e co persoal municipal para poder facer a montaxe adecuada; e agradecer a BeOne o seu patrocinio nesta campaña, a mais importante do ano, na que se repartiron e esgotaron as 170.000 rifas que se editaron, 20.000 máis que na edición pasada. Grazas tamén á clientela dos negocios de Ribadeo por apostar unha vez máis por facer as súas compras na nosa vila, nas tendas físicas atendidas por persoas, que sempre están dispostas a asesorarnos e a ofrecernos o mellor trato e o mellor produto posible. Agardamos seguir contando coa súa confianza”.








Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



