O Vicedo, 11 de marzo de 2024. O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, destacou a inversión do Goberno galego na mellora das instalacións portuarias da Mariña lucense que alcanzará os 4 millóns de euros este ano. Así o manifestou acompañado pola xefa territorial de Mar, Mariña Gueimunde, durante a visita aos traballos de reparación do muro do espigón da estrada de acceso ao porto de O Vicedo que foi danado polos efectos das fortes chuvias e dos temporais. Unha actuación, sinalou o responsable autonómico, demandada desde a confraría de pescadores, e que súmase a outros traballos de maior envergadura previstos ao longo do presente exercicio noutras instalacións portuarias como a dragaxe do peirao de Ribadeo, o reforzo do dique de abrigo de Burela, a ampliación das instalacións para embarcacións menores en Celeiro ou acondicionamento dos locais de armadores no porto de San Cibrao entre outras. Sete das actuacións previstas suporán un investimento plurianual de 14 millóns de euros.
Por outra banda o titular de Mar resaltou que desde o 2009 a Xunta despregou diversas accións en apoio do sector da pesca nos ámbitos da competitividade e innovación tecnolóxica, na ordenación e xestión dos recursos mariños e na área de desenvolvemento pesqueiro en apoio da actividade pesqueira deste municipio. Estas, sumadas ás actuacións desenvolvidas por Portos na mellora e mantemento das infraestruturas portuarias supuxo unha inversión de 1,3 millóns de euros, cifras que para o conselleiro reflicten o inequívoco compromiso do Executivo autonómico co sector pesqueiro, estratéxico para a economía galega, e coa renovación e modernización da rede de peiraos galegos xestionados por Portos de Galicia.












Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



