O obxectivo é previr situacións de dependencia e favorecer unha vida saudable
Santiago de Compostela, 27 de maio de 2024. O Consello da Xunta deu conta hoxe de dous convenios de colaboración cos concellos de Pereiro de Aguiar (Ourense) e Riotorto (Lugo) para dar continuidade ao desenvolvemento de programas de envellecemento activo e saudable. A Consellería de Política Social e Igualdade destinará 145.000 euros a financiar as actividades neste ámbito que ao longo deste ano se realicen nestas localidades a través dos seus servizos sociais comunitarios e coas que se prevé chegar a máis de 300 veciños.
O obxectivo destes acordos é previr situacións de dependencia e facilitar unha vida activa. Neste sentido, a Xunta colabora con distintos concellos, en especial os de carácter máis rural e de menor poboación, para facilitar ás persoas maiores que viven neles alternativas para o seu tempo libre, tales como: actividades de ximnasia, de ocio e lecer, cursos e chalas informativas ou obradoiros artísticos, entre outras.
Ademais do financiamento de programas de envellecemento activo e saudable, outras iniciativas que a Xunta pon á disposición dos maiores para que desfruten desta etapa das súas vidas son, por exemplo: Benestar en Balnearios, Xuntos polo Nadal ou as Aulas Sénior.
























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



