A Vicepresidencia da Deputación de Lugo apoia a organización do evento, que se posiciona como un referente cultural no país
Muras, 25 de de maio de 2024. Artesanía e música en ben este sábado de actividade a área recreativa da Veiga,en Muras, onde se celebra a VIII Romaxe Artesá da Chaira organizada polo Concello de Muras coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
O alcalde de Muras Manuel Requeixo e as concelleiras Paula Gomez e Cristina Franco mostráronse orgullosas de “ver consolidado un evento que se puxo en marcha coa nosa chegada ao goberno municipal e que valoriza os oficios tradicionais, a música, a arte e a cultura galega”.
Destacaron que “a Romaxe reúne cada vez máis expositores, máis obradoiros e máis persoas de toda Galiza que se achegan ata Muras e que valoran o coidado co que se programan e se desenvolven as actividades” e comprometeron seguir este camiño para “que a Romaxe se manteña como un evento referente da cultura e da música tradicional en todo o país”
Máis dunha vintena de obradoiros, demostracións e expositores artesáns,con propostas pensadas para a participación e a interacción co público, mostraron a diversidade e capacidade de adaptación dos oficios tradicionais nun recinto animado con diversas propostas musicais -Mekánika Rolling Band, Brais das Hortas Hortas ou Peter Punk- e lúdicas -billarda e xogos populares- para público familiar.
Na contorna do recinto inaugurouse una mostra con fotografías antigas realizada por Maider Pumariño coa colaboración da veciñanza de Muras.
A creatividade local tamén estivo presente na mostra de peza de coiro e madeira das Mulleres Rurais de Muras ou na exhición de regueifa do alumnado do IES Basanta Silva de Vilalba.
As actuacións de Pan Sen Fron e Fillas de Cassandra pecharán unha xornada que conta co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, no marco da colaboración que a área de Cultura mantén con concellos e asociacións para facilitar o acceso á cultura en todo o territorio, contribuíndo a consolidar propostas culturais e lúdicas especialmente
nos concellos rurais.











A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



