Estes traballos, que contan cun prazo de execución de 9 meses, afectarán a case 3 quilómetros, desde o inicio da LU-P-1503 ata o punto quilométrico 2,6 e consistirán na mellora da drenaxe, no ensanche da vía, a pavimentación e a sinalización
Lugo, 7 de xuño de 2024. A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a adxudicación, por un importe de preto de 410.025,27€, as obras de acondicionamento da estrada LU-P-1503, que vai dende Río Covo, por Trasbar, a Vilaestrofe. Así o informou a Voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, quen sinalou que estes traballos, que contan cun prazo de execución de 9 meses, desenvolveraos a empresa Fevisa Vías y Obras SL e afectarán a case 3 quilómetros, desde o inicio da estrada ata o punto quilométrico 2,6.
Detallou que as obras consistirán na reapertura das cunetas e no ensanche en varios tramos da calzada ata chegar a acadar nalgún punto os 5,75 metros, o que permitirá garantir unha maior seguridade para o paso de dous vehículos. Botarase sobre a calzada unha base de zahorra para regularizar o firme, e logo, aglomerado en quente. Os traballos finalizarán coa sinalización e pintado mediante marcas viais reflexivas brancas. A adxudicataria comprometeuse ademais a mellorar a actuación coa dotación de cunetas triangulares, revestidas e rebasables de 100 metros; aumentando o prazo de garantía en 3 anos por riba do obrigado.
“Esta é unha actuación moi importante porque esta vía enlaza coa estrada provincial LU-P-1502, e sirve de acceso a múltiples servizos, porque comunica co concello de Burela e o Hospital Público da Mariña; cos campos de fútbol da Granda, en Rúa; e o da Chá, en Vilaestrofe; así como co Miradoiro de Monte Castelo”, relatou García Porto.
Medidas para loitar contra o reto demográfico
Ademais a Xunta de Goberno aprobou tamén novas medidas na loita contra o reto demográfico. Por unha banda, a institución provincial aceptou ser beneficiaria dunha axuda de máis de 173.817,46€ procedente dos Fondos Feder e que servirá para impulsar un proxecto que lidera a Deputación de Córdoba ao que se adheriu o ano pasado co obxectivo de mellorar o ecosistema económico do sector agroalimentario.
En concreto esta iniciativa -á que a Deputación de Lugo fará unha achega de preto de 58.000€ para acadar un orzamento total de 231.756,63€- pretende mellorar a eficacia e o carácter inclusivo dos mercados de traballo e o acceso ao emprego de calidade mediante o desenvolvemento de infraestruturas sociais e a promoción económica.
Ademais da Deputación de Córdoba e a de Lugo, nesta iniciativa participan tamén as deputacións de Cádiz e Cáceres, a Fundación Europea para a Innovación e o Desenvolvemento Tecnolóxico INTEC e a Federación de Cooperativas de Andalucía.
…E para vivir Lugo
García Porto informou tamén que no que ten que ver coas medidas para a loita contra o reto demográfico, “sacamos adiante a listaxe de beneficiarios do programa …E para vivir Lugo, que como sabedes é un plan piloto de axuda integral ás persoas que decidan irse a vivir ao rural e que puxemos en marcha con fondos que a Deputación conseguiu da Unión Europea”. En concreto, a Xunta de Goberno aprobou 12 solicitudes dunha liña de axudas dotada con un total de 40.000€, para plantar 43 hectáreas de diferentes variedades de trigo autóctonas e Physalis nos concellos da provincia de menos de 5.000 habitantes.
En concreto, é unha liña axudas por un importe conxunto de 40.000€ para incentivar e impulsar diferentes variedades de trigo autóctonas e Physalis nos concellos de menos de 5.000 habitantes. Aprobamos 12 solicitudes para cultivar na provincia un total de 43 hectáreas.
Colaboración co Concello do Valadouro
Tamén no marco do programa …E para vivir Lugo a Deputación deu o visto bo a unha colaboración co Valadouro –un dos concellos pilotos do proxecto- para a posta en marcha dun espazo compartido para os produtores locais. A actuación consistirá no acondicionamento dunha aula para facer unha sala de envasado de produtos vexetais e o seu equipamento e o acondicionamento dun faldón da cuberta da escola de agricultura ecolóxica. A institución investirá para esta actuación un total de 32.535€ e o Concello do Valadouro cofinanciará o proxecto con outros 3.769,99€.
























Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xoves dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



