Ribadeo, 13 de xuño de 2024. Este sábado, día 15, arrincan as antevésperas do Ribadeo Indiano 2024 cun paseo guiado teatralizado a cargo de Suso Martínez. Estas visitas seguirán ao longo do verán.
A concelleira de Turismo, Marta Saiz, explica que “nun afán de remarcar o contido cultural do evento, as antevésperas e vésperas aumentan o seu protagonismo. Desta maneira, contaremos con múltiples e diversas actividades que se repartirán durante o mes de xuño e comezos de xullo: visitas guiadas, obradoiros de repostería indiana para hostalería e familias, monicreques, teatro, etc… e algunha sorpresas máis que iremos revelando”.
A edil ribadense contou que “a primeira destas actividades terá lugar o este sábado, 15 de xuño, ás 12 horas. Trátase dun paseo guiado teatralizado a cargo de Suso Martínez, guía-actor mariñán de enorme prestixio, habitual en anteriores edicións cunha gran acollida de público. Este paseo discorrerá dende o parque de San Francisco ata o xardín dos indianos descubrindo as arquitecturas e o legado indeleble de América na identidade contemporánea de Galicia”.
Saiz engadiu que “estas visitas continuarán ao longo do verán durante os días: 29 de xuño, 6 e 27 de xullo, 10 e 14 de agosto e 7 de setembro. Serán de carácter gratuíto, pero con previa reserva, que poderá tramitarse a través da páxina web de turismo de Ribadeo, na sección de Momentos”.






















A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 


