13 de xullo de 2024. Hoxe está a celebrarse a festa dos indianos en Ribadeo. É aínda media mañá e xa levo intercambiado diferentes opinións con amigos e coñecidos sobre varios aspectos da festa. Dende a xente que enchía locais aínda ó amencer ate o esquecemento e desaparición da existencia da gran masa dos e das emigrantes que, se voltaron á terriña algunha vez, voltaron pobres. Remato de ver os haigas entrar na praza de España. Mentres, Félix Jorquera improvisaba unha entrevista comigo ó aparecer eu por alí estando en marcha o seu programa extraordinario de radio dende as escaleiras do concello. Antes ca min foi entrevistada Jesusa da Mariana, encarnación daqueles tempos da miña amiga e teatreira Susi. A xente, con traxes de época (é dicir, con traxes imitando ós mellores traxes daquela época) xa se vía nas rúas horas antes en cantidade superior á de outras xornadas de diario ou festa común ó mediodía. Catro ou cinco actividades ó tempo fan difícil escoller o que facer a continuación no propio ocio. E así sucesivamente.
Un ‘xornal anual’ está a ser repartido a milleiros por Ribadeo, a máis das diversas novas que nos xornais diarios ou na radio levan difundíndose dende hai tempo e que atraen e son consecuencia da cantidade de xente que atrae o conxunto de eventos indianos de Ribadeo, nunha espiral que medra de ano en ano sen vérselle teito.
Mentres, esta mesma semana unha nova, unha, saíu nalgún medio: unha ribadense, María Vieites Díaz, foi nomeada co coordinadora do experimento LHCb do CERN. Total, nada, é só un equipo que se vai achegando ás dúas mil persoas repartidas polo mundo para investigar algúns detalles das partículas que constitúen a base do cosmos. Unha investigación punteira a nivel mundial.
Os indianos (e os seus coetáneos que despois da viaxe ás américas seguiron pobres) eran emigrantes ó igual que o foi María. Un século de separación, unha formación ben diferente e unhas expectativas que non teñen nada que ver entre si marcan a diferenza. Pero, a vista de hoxe, sobre todo a diferenza está na celebración dunha visión totalmente parcial dunha realidade que foi fronte á escasa relevancia que ten unha nota de prensa especializada de algo que se mira no futuro.
Os indianos, os ricos e os pobres, tiveron un impacto grande polas súas aportacións a ambos lados do charco, e costa facerse unha idea de como podería ser a vida nunha e outra beira oceánica de non existir o sistema capitalista que favoreceu o ascenso indiano. Nese sentido, vivindo no mesmo sistema, é de celebrar hoxe unha festa como a de indianos, máis aló de como atracción turística, negocio ou contribución á xentrificación. Da outra banda, collendo a última verba do título, celebremos o nomeamento de María como un brinde a un futuro mellor, tanto seu en particular como do coñecemento en común, pois ao menos en parte, diso se trata, de investigar para ter ferramentas e coñecemento para mellorar o futuro. De todos.






Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



