Os populares defenderán que a Deputación poña en marcha un plan de apoio aos concellos para a xestión do ciclo da auga xa que “o abastecemento é un dos problemas aos que se teñen que enfrontar os concellos na actualidade e xa vimos como nos últimos anos houbo problemas neste senso, sendo a colaboración entre administracións fundamental para atopar solucións”
Lugo, 29 de xullo de 2024. Os deputados do Grupo Provincial Popular defenderán no pleno de mañá varias iniciativas encamiñadas a “garantir a igualdade de oportunidades” entre todos os lucenses xa que “as decisións de PSOE e BNG, tanto en Lugo como en Madrid provocaron que os veciños da provincia non teñan as mesmas oportunidades”.
Os deputados populares propoñen que a Deputación de Lugo desenvolva un plan de apoio aos concellos para a xestión do ciclo da auga, algo para o que PSOE e BNG deben de “cooperar dende o goberno provincial cos municipios e beneficiar a tódolos lucenses garantindo o abastecemento de auga de calidade e o correcto tratamento de augas residuais”.
O certo é que “nos últimos anos vimos como comezan a darse problemas co abastecemento de auga, unha dificultade enorme para os concellos polo que a colaboración entre administracións é fundamental para poder atopar solucións a este problema”.
A escaseza de auga, a renovación e modernización das infraestruturas hidráulicas ou as esixencias normativas en materia de control de calidade e en relación á xestión das augas residuais son algúns dos aspectos que deben atender dende os concellos e que requiren importantes recursos técnicos e económicos pero “en moitas ocasións non teñen nin os recursos materiais, económicos nin persoais para poder afrontar este problema”.
IGUALDADE DE OPORTUNIDADES
Os deputados do Grupo Provincial Popular tamén defenderán unha iniciativa para que a corporación provincial se pronuncie e esixa ao Goberno de Pedro Sánchez un trato “igualitario para todos os españois, rexeitando privilexiar a unhas comunidades fronte a outras”.
Os populares explican que as decisións do PSOE en Madrid, avalados polo BNG, “de privilexiar” a Cataluña por enriba das 16 comunidades restantes “afectan directamente aos lucenses polo que é necesario reafirmar o compromiso co principio de igualdade entre todos os españois recollido na Constitución”.
ROGOS E PREGUNTAS
Dende o Grupo Provincial Popular tamén se pedirá que a Deputación axilice os desbroces das estradas provinciais xa que “case no mes de xullo van moi atrasados e hai moitos municipios nos que aínda non se comezaron estes traballos”, así como se defenderá outro rogo para que o goberno provincial esixa a Adif o arranxo das estradas provinciais máis afectadas polas obras na vía ferroviaria que se están a realizar nos municipios de Sober e Pantón.
Os populares tamén preguntarán polos motivos que ten o goberno provincial para manter pechado aos lucenses o aparcadoiro de Santa María así como se PSOE e BNG apoiarán o proxecto de Altri no caso de que cumpra con todas as esixencias legais e medio ambientais.





















Na Mariña será en Viveiro, na Praza Maior.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



