Este colectivo veciñal ven de presentar unha solicitude formal no Concello onde lle lembra que a Lei de Bases de Réxime Local recolle a obriga das Administracións locais de conservar e manter tódalas infraestruturas da súa titularidade
Burela, 30 de agosto, 2024. Dende a Asociación de Veciños O Vencello de Burela veñen de remitir un escrito ao Concello solicitando aos responsables municipais “que cumpran co seu deber legal e acometan as preceptivas labores de conservación e mantemento nas vías rurais que figuran no inventario de bens municipal para que o conxunto de veciñas e veciños do nosos termino municipal podan facer uso delas sen risco e con seguridade”.
“Cremos que o equipo de Goberno municipal debería dar exemplo e tería que cumprir co seu deber legal de conservar e manter os camiños e vías rurais da súa competencia de igual xeito e coa mesma dilixencia que cominan aos propietarios de fincas a mantelas limpas de vexetación”.
“Trátase de camiños que vertebran o nosos termo municipal e que aínda que están fora do casco urbano son usados acotío, pero desgraciadamente a súa prolongada falta de mantemento, xunto coas choivas ocasiona que os propietarios das fincas colidantes non poidan acceder ás súas propiedades, nin tampouco poidan usarse polo resto de veciños para transitar por estas vías por puro lecer e desfrute de practicar calquera tipo de actividade relacionada co aire libre”.






















Na Mariña será en Viveiro, na Praza Maior.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



