A Voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, informou de que a Xunta de Goberno aprobou este venres colaborar co impulso da Fundación Agroalimentaria Galega e coa creación dun Centro de Apoio Estratéxico á Empresa de Lugo
Lugo, 27 de setembro de 2024. A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres un investimento “importante”, de máis de 350.000€, para reforzar o tecido económico e empresarial da provincia. Así o informou a Voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, quen detallou que a sesión semanal deu luz verde a dous convenios de colaboración, un de 175.000€ para impulsar a Fundación Agroalimentaria Galega (FAGA) e outro por valor de 180.000€ para a creación dun Centro de Apoio Estratéxico á Empresa.
Dunha banda, a colaboración da Deputación con FAGA servirá para o impulso desta Fundación a través da contratación dunha persoa con perfil técnico e de relacións públicas para a xerencia da Fundación e da posta en marcha dun programa de formación, con 16 actividades formativas entre durante este ano e o que vén. Explicou García Porto que esta entidade, que naceu a primeiros do 2021, integra empresas, empresarios e entidades do sector agroalimentario.
“Unha achega que responde tamén ao noso compromiso co sector primario, que é unha das potencialidades da nosa provincia. Porque estamos convencidos de que a aposta polas actividades económicas do rural e no rural é vital para afrontar o reto demográfico”, sinalou a Deputada.
A creación dun Centro de Apoio Estratéxico á Empresa de Lugo en funcionamento durante os exercicios 2024 e 2025 será posible grazas a un convenio de colaboración entre a institución provincial e a Confederación de Empresarios de Lugo.
Explicaba Pilar García Porto que este centro desenvolverá tres liñas de traballo: unha para a investigación e estatística, encargada de estudar a situación e o coñecemento do entorno específico das empresas lucenses para apoialas na toma de decisións; outra dirixida á mellora da súa internacionalización; e unha terceira de asesoramento, información e difusión en cuestións normativas que poden poñer en dificultades as empresas de pequeno tamaño. “Sabedes da nosa colaboración continua coa CEL, no convencemento da importancia de ter un sector empresarial forte na nosa provincia. Porque tanto os servizos públicos como o emprego son dous factores esenciais para fixar poboación, para que a xente se quede a vivir no rural”, valorou a Deputada.
Maquinaria e vehículos para o Parque Móbil
Por outra banda, a Xunta de Goberno aprobou a licitación da contratación para adquirir un semirremolque tipo góndola para o Parque Móbil por un importe de máis de 76.000€. Este vehículo, que sirve para transportar maquinaria para as obras, “é unha dotación moi importante para o Parque Móbil, porque vén substituír outra que ten xa 50 anos e que quedará para actuacións puntuais de reforzo”, explicou García Porto.
Adxudicada ademais, á empresa Auto Gomas S.A., a contratación para a renovación de 3 coches oficiais do parque móbil por preto doutros 200.000€. Concretamente, a institución provincial adquire tres turismos berlinas híbridos enchufables para a substitución doutros tres vehículos do Parque Móbil que tiñan en torno aos 500.000 quilómetros. “Son tres coches que son do ano 2009 e o 2006. Polo tanto, con esta renovación apostamos por unha banda pola eficiencia enerxética, a menor contaminación, adaptándonos ás normativas ambientais e ás zonas de baixas emisións, e a un menor consumo de combustible”, comentou a Deputada.
O prazo de entrega destes vehículos e a recollida dos usados é de 20 días naturais a partir da formalización do contrato.




















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



