A Mariña, 30 de setembro de 2024. A vindeira fin de semana arrincan as rutas e visitas guiadas de outono da Mancomunidade: A Mariña. Plans con Corazón. Trátase dun proxecto promovido pola Mancomunidade, coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo, que busca dinamizar a actividade turística durante os meses de outubro e novembro.
As actividades desenvolveranse as fins de semana así coma os festivos do 12 de outubro e 1 de novembro. Terán unha duración de 2 a 4 horas e poderán participar nas mesmas ata un máximo de 25 persoas. O prezo será de 5 euros para individual; 8 euros para parella; 12 euros para familias ou grupos de ata 5 membros.
A información sobre a rutas e as reservas de prazas realizarase a través da web de Turismo de A Mariña Lucense: https://amarinalucense.gal/es/a-marina-planes-con-corazon.
O sábado, 5 de outubro, os participantes gozarán da ruta Burela de Cabo a rabo, con Noela Feal. Un percorrido circular polo porto burelés coñecendo os seus recursos máis destacados, que finalizará en Conservas Faro Burela onde, tras coñecer a historia desta conserveira, os asistentes poderán desfrutar dunha degustación dos seus produtos.
E o domingo, 6 de outubro, será a quenda para Revelando os misterios e a beleza do litoral do Vicedo, que será guiada por Boris Vilar. Unha ruta costeira entre a praia de Xilloi e o mirador de Laxes, onde desfrutar dunhas magníficas vistas da illa de Coelleira e da paisaxe costeira deste concello. Tamén será posible visitar a igrexa parroquial de Santo Estevo do Val, que conta con certos indicios que a asocian coa illa e o desaparecido mosteiro de San Miguel da Coelleira. Esta ruta contará como anfitrións coa Asociación da Orden Templaria de Vicedo.
Xeoturismo
Este pasado sábado tivo lugar a segunda edición da visita á Cova do Rei Cintolo, dentro do programa de Xeoturismo desenvolvido pola Mancomunidade de Concellos da Mariña no contexto do Plan de Sostibilidade Turística na súa aposta por acadar un uso sostible dos recursos turísticos, crear e consolidar produtos con recursos endóxenos e de calidade, que contribúan á desestacionalización, á distribución dos fluxos turísticos, así coma á cohesión do destino.
A visita foi un completo éxito de convocatoria. Acompañados polo xeólogo Iván Rodríguez e guiados polo espeleólogo Carlos Atienza as persoas visitantes puideron gozar dunha visita de iniciación á espeleoloxía na que se explicaron a formación de estalactitas, estalagmitas, columnas e coladas. Foi unha viaxe singular ó interior da montaña, mestura de deporte, cultura e aventura, moi ameno e divertido grazas á profesionalidade e simpatía de Carlos Atienza.
Os asistentes procederon de concellos da Mariña como Barreiros, Mondoñedo, O Valadouro e Foz, e tamén da Coruña, Castro de Rei, Culleredo, Mugardos e Lugo.
A xeoruta en barco á Praia das Catedrais, prevista para onte domingo, tivo que ser cancelada debido ao forte vento que impedía o correcto desfrute da mesma. Desde a Mancomunidade valoran outra data con outra proposta á que terán prioridade as persoas que estaban xa anotadas e en lista de agarda.
O Plan de Sostibilidade Turística 2022-2024 está cofinanciado pola propia Mancomunidade, pola Xunta de Galicia e pola Secretaría de Estado de Turismo.












Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



