O voceiro do PP convida ao “PSOE de Trabada a reclamar ao Goberno de Pedro Sánchez unha solución ao problema de falta de médicos que afecta a todas as comunidades e que permita aumentar as prazas MIR para poder formar máis médicos de Atención Primaria”
Trabada, 15 de setembro de 2024. O Partido Popular condena a “hipocrisía” do PSOE de Trabada: “pecha o PAI, pero protesta por un servizo que si se presta”. O goberno local de Trabada vén de pechar o Punto de Atención á Infancia (PAI) por non ter os nenos suficientes para manter en funcionamento este servizo, pero protesta por un servizo que si que dá a Xunta de Galicia, o de Atención Primaria, ao contar coa praza de médico que corresponde por ratio de poboación.
“Aínda que, obviamente, a todos nos gustaría ter máis médicos e que desde o PP de Trabada sempre loitaremos para que todos os trabadenses teñan os mellores servizos públicos, hai que lembrar que a Xunta está a cumprir coa ratio que lle corresponde ao centro de saúde do municipio”.
E, “ante a escaseza de médicos que sofre toda España, queremos volver a dicirlles aos veciños de Trabada que a consellería de Sanidade está a facer un esforzo moi grande para que haxa persoal en todo o horario de atención dos centros sanitarios”, sinala o voceiro popular, José María Fernández.
O popular pídelle ao “PSOE de Trabada que lle reclame ao Goberno de Pedro Sánchez unha solución ao problema de falta de médicos que afecta a todas as comunidades autónomas e que permita aumentar as prazas MIR para poder formar máis médicos de Atención Primaria”.
Así, aclara que “é o Goberno central o que non facilita que se poidan contratar máis médicos. E cando a Xunta toma medidas para garantir a asistencia sanitaria aos galegos, o PSOE e o BNG votan en contra”. Socialistas e nacionalistas votaron en contra da Lei de medidas extraordinarias para postos sanitarios de difícil cobertura no pleno do 24 de outubro de 2022 do Parlamento galego.
PLAN DE COBERTURA NO VERÁN
Ante a falta de médicos, a Xunta puxo en marcha o Plan de cobertura de necesidades de persoal médico en Atención Primaria durante o verán cun investimento de 12,5 millóns de euros con medidas ordinarias e extraordinarias coas que “xestionar da mellor forma posible os recursos existentes” para garantir a calidade da asistencia sanitaria a todos os galegos.












Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



