Pilar García Porto: “Con esta iniciativa, buscamos poñer en valor o noso patrimonio natural, cultural e histórico, ofrecendo aos nosos veciños e veciñas a oportunidade de redescubrir os recunchos máis fermosos da nosa provincia”
Lugo, 3 de setembro de 2024. A Deputación de Lugo vén de arrancar este martes a segunda quenda de viaxes da cuarta edición do programa Coñece a túa provincia. Faranse excursións gratuítas dun día os martes, mércores, xoves e venres, nas que participarán preto de 1.600 persoas de 69 entidades da provincia ata o 31 de outubro.
As primeiras entidades en desfrutar desta nova quenda de viaxes son a asociación de veciños Alexandre Bóveda Paradai, de Lugo, e a asociación veciñal Penas de San Xoán de Alaxe, do Valadouro. Os da capital visitaron o Mazo de Santa Comba e achegáronse a Sober e Monforte de Lemos, mentres que o colectivo mariñán coñeceu o traballo que se leva a cabo na Granxa Gayoso Castro, e o concello de Negueira de Muñiz.
O Coñece a túa provincia vai xa pola súa cuarta edición, dividida en dúas quendas. A primeira desenvolveuse durante a primavera, entre os meses de xuño e xullo, e contou con 250 viaxeiros de 11 asociacións. Agora arranca a segunda, que se prolonga ata finais de outubro, e están anotadas un total de 1.587 persoas de 69 colectivos de toda a provincia.
A Deputación continúa con este programa gratuíto, que desde a súa posta en marcha no mandato pasado, ten sido un éxito rotundo temporada tras temporada, tanto na participación como no impacto positivo para os sectores económicos da hostalería e o comercio nos municipios nos que se realizan as viaxes. Ademais, promóvese a actividade en meses nos que os negocios e recursos turísticos teñen menos fluxo de visitantes, o que dinamiza este sector tan importante para a economía da provincia de Lugo.
A iniciativa provincial está dirixida a asociacións e colectivos sen ánimo de lucro de toda a provincia e consiste en viaxes gratuítas, en pequenos grupos, dunha xornada de duración por diferentes puntos da xeografía lucense seguindo diversas rutas polo patrimonio natural, histórico, cultural e gastronómico.
O programa Coñece a túa Provincia inclúe, de balde, o transporte para os traslados de ida e volta dende o lugar ou lugares de orixe, póliza de seguros de viaxeiros, menú de xantar, e entradas e visitas a diferentes lugares de interese da provincia de Lugo. Estas visitas realízanas profesionais que contan coa habilitación de guía oficial de turismo de Galicia e persoal de atención ao público nos diferentes museos, empresas ou obradoiros sinalados nos itinerarios do programa.
Turismo de proximidade
A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, subliñou a importancia deste programa, que “representa unha aposta firme da Deputación por impulsar o turismo de proximidade. Con esta iniciativa, buscamos poñer en valor o noso patrimonio natural, cultural e histórico, ofrecendo aos nosos veciños e veciñas a oportunidade de redescubrir os recunchos máis fermosos da nosa provincia”.
“Queremos que os nosos veciños e veciñas coñezan e gocen das paisaxes, rutas, e tradicións que fan única a nosa terra, converténdose en embaixadores do noso destino turístico. Este programa non só fomenta o orgullo e a identidade local, senón que tamén ten un impacto directo no apoio á economía dos pequenos negocios e establecementos do rural, que dependen do turismo para o seu desenvolvemento”, afirma García Porto.
Nas palabras da Deputada de Turismo, en tempos nos que o turismo de proximidade cobra máis relevancia que nunca, “o Coñece a túa provincia é unha oportunidade excepcional para dinamizar o sector, garantindo que a nosa riqueza turística chegue a todos os recunchos e xerando un efecto positivo en toda a provincia. Ademais, esta iniciativa está pensada para ser inclusiva, accesible para todas as idades e adaptada a diferentes intereses, desde o turismo natural ata o cultural ou o gastronómico”.





















Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.



