O vindeiro mércores 9 de outubro as reivindicacións transladarense á sesión plenaria do Parlamento de Galicia a través dunha pregunta que se lle formulará ao conselleiro de educación por parte do Grupo Parlametario do BNG
Alfoz, 7 de outubro. 2024. Hoxe, luns 7 de outubro de 2024, celebrouse ás portas do CEIP Plurilingüe Castro de Ouro de Alfoz a cuarta concentración organizada pola ANPA, xunto con pais, nais, veciños, mestres e outros membros da comunidade educativa. A concentración realizouse para seguir reivindicando o incumprimento por parte da Xunta de Galicia do acordo de agrupamentos para o colexio, así como a reposición da praza de especialista en Pedagoxía Terapéutica, que continúa sen cubrirse desde o comezo do curso.
A pesar da persistente mobilización e dos esforzos para visibilizar estas demandas, a falta de repostas da administración está acrecentando o descontento das familias. “A comunidade educativa mantén que estas demandas son esenciais para garantir unha educación de calidade no colexio”, indican desde a ANPA.
Estas reclamacións trasladaranse tamén á sede do Parlamento de Galicia o próximo mércores, 9 de outubro, cando o Grupo Parlamentario do BNG formulará unha pregunta ao Conselleiro de Educación, Román Rodríguez, sobre o incumprimento do acordo de agrupamentos e a falta de persoal especializado en Pedagoxía Terapéutica, “a pesares dos informes enviados dende a Dirección do centro”, recordan desde o colectivo. A pregunta será formulada polo deputado Daniel Castro, e a comunidade educativa está expectante para coñecer as respostas que dará o conselleiro.
No inicio do curso, a ANPA mantuvo unha reunión coa Xefa Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, “da que non obtivemos ninguna solución ás nosas demandas”, subliñan. Ademais, a ANPA enviou cartas tanto ao Presidente da Xunta, Alfonso Rueda, como ao Conselleiro de Educación e á Valedora do Pobo. “A única resposta oficial ata o momento foi a desta última, quen confirmou que está a estudar o caso, pero sen achegar aínda ningunha solución”, informan dende a ANPA.
As familias do CEIP Castro de Ouro consideran inxusto que, mentres noutros colexios galegos xa se están a cumprir os acordos de agrupamentos, en Alfoz sigan sen aplicarse, “a pesar de que en centros con situacións similares si se resolveron estas cuestión”, laianse desde a asociación. A ANPA reclama que se divida a educación primaria en tres agrupamentos, correspondentes a cada ciclo formativo, e que se repoña a praza de Pedagoxía Terapéutica.
Por outra banda, as centrais sindicais asinantes do acordo contactaron coa ANPA nos últimos días para informarlles de que están a analizar a situación e que, previsiblemente, nos próximos días darán a coñecer os pasos que seguirán para apoiar estas reivindicacións. Consideran que, segundo o acordo de agrupamentos e a nova situación, o centro non só debería contar cun mestre máis de primaria, senón con dous, segundo o catálogo oficial.
A ANPA asegura que continuará con accións reivindicativas ata que se resolvan estes problemas, pero manifesta que non desexa que estas concentracións se convertan nunha rutina. Por iso, á espera da resposta do Conselleiro o mércores, están a valorar novas accións para as vindeiras semanas que permitan que as demandas do CEIP Castro de Ouro sexan atendidas dunha vez por todas.
























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



