Foz, 23 de novembro de 2024. A Biblioteca Pública Municipal Salgado Toimil, de Foz, convoca o seu xa tradicional concurso de postais de Nadal. Poderá participar todo o alumnado do concello de Foz, nas tres categorías existentes: Educación Infantil, Primaria A (1°, 2° e 3°) e Primaria B (4°, 5° e 6°). Dende este luns, día 25 de novembro, poderán entregarse os traballos na propia biblioteca e recolleranse ata o día 12 de decembro ás 20.00 horas.
O tema será o Nadal, acompañado de elementos representativos de Foz, xa que a postal gañadora será a que o Concello utilice como felicitación oficial.
A técnica será libre, sempre e cando non leven elementos que sobresaian e os traballos deberán realizarase en cartolina dun tamaño de 16x11cm. Se se inclúe texto este deberá ser en galego.
“Estamos moi contentos de levar a cabo este concurso que todos os anos ten moi boa acollida entre os centros e que nos fai desfrutar da inventiva dos máis novos. Debuxa o que máis che guste do Nadal de Foz e fáinolo chegar á biblioteca, a túa idea pode ser a escollida para felicitar o Nadal de focegos e visitantes”, explica a concelleira de Cultura, Inés López Couto, que engade: “as postais premiadas serán anunciadas á finalización do período de presentación e avisarase do día da entrega de premios. Anímamos a todas as nenas e nenos a participar e desfrutar debuxando o Nadal de Foz”.











López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



