Reclamaron unha xuntanza urxente para abordar a situación da fábrica e maior implicación dos goberntos estatal e autonómico.

Será ás 21:00 horas no local social de Trasbar coa colaboración da asociación de veciños deste Burgo. Contará coa actuación do Dúo Eclipse.
Realizadas en Ecuador, foron ensambladas e policromadas polo imaxineiro cordobés Sebastián Motes Carpio, e sairán en Semana Santa na Procesión da Misericordia (madrugada do Xoves ao Venres Santo) no paso da Nosa Sra. da Clemencia, xunto a esta imaxe mariña, formando unha escena inédita na Paixón viveriense denominada "Sacra Conversación".
Achégase o Día de Rosalía de Castro, a escritora máis representativa das nosas letras. Para celebralo, o Concello de Cervo convida a participar no concurso "Versos de Rosalía" envíando os dous versos que máis che gusten da escritora no formato que desexes (fotografía, debuxo, vídeo, audio, texto...). Valorarase a orixinalidade. Establécense dúas categorías: sénior e xuvenil, con tres premios en cada unha delas. Fai chegar as túas creacións antes das 12:00 horas do 24 de febreiro ao correo prensa@concellodecervo.com ou por whatsapp ao 683 31 59 39. Recorda incluír o teu nome e apelidos, idade, teléfono e lugar de procedencia. Os/as gañadores/as daranse a coñecer ás 20:00 horas do mesmo 24 de febreiro.
Foi no marco dos X Foros de Debate Fundación Sargadelos que se celebraron no hotel-restaurante Voar de Ribadeo.
Unha obra multidisciplinar na que os seus integrantes, tomando como punto de partida unha escolma de poemas da escritora galega máis universal, sumerxen os espectador nunha viaxe a través da imaxe, o son e a palabra. A cita é ás 20:30h. Entrada de balde ata completar aforo. Non se precisa reserva.
A Delegación Territorial acolleu hoxe a presentación da cita, coa presenza do delegado territorial, Javier Arias; o alcalde de Castro de Rei, Francisco Balado, e representantes da asociación cultural Val de Francos, responsable da organización. Arias felicitou ao colectivo “por manter e renovar esta tradición festiva” que implica ás parroquias de Ansemar, Balmonte e Goberno. O Campo do Carril, en Ansemar, acollerá os actos a partir das catro e media da tarde. Ademais do sermón e a Queima do Entroido, haberá xogos e actividades infantís, unha degustación gratuíta de produtos de razas autóctonas galegas e sorteo de agasallos. Tamén haberá postos de venda de filloas elaboradas por filloeiras de Muimenta e animación musical con varios grupos e orquestras.
Agora xa está aberta a inscripción do 2º cuatrimestre na UNED Senior de Viveiro para os maiores de 50 anos interesados e permanecerá aberta ata o 24 de febreiro na asignatura: "La emigración gallega y su impacto en el mundo del y de las letras". Mais información: Secretaría UNED. Claustros Iglesia de San Francisco.1º piso. 982 563 601. viveiro@lugo.uned.es
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital