Partido dedicado á campaña “NON á violencia de xénero”, no que as mariñanas xogaron de 10 ante un Marín que non conseguíu seguirlles o ritmo
Sábado 23 de novembro. Ás 17.00h desta tarde celebrouse a 11ª xornada da liga de Primeira División Iberdrola FS na que se disputou un dos diversos derbis galegos desta categoría, o ENCE Marín Fusal – Pescados Rubén Burela FS no pavillón A Raña, cun resultado final 1-7. Partido dominado na súa totalidade polas burelenses que ademais do avultado resultado xeraron numerosas ocasións.
Abre forte o partido o Pescados Rubén Burela FS, que non permite ás rivais case pisar a súa cancha. Primeiro tanto do encontro cun remate de Patricia tras un pase de Emilly a Cami que corre pola banda e dispara a portería, chegando a Yeclana ao segundo pau para rematar o balón. No minuto 8 detén Ana Eliza a primeira ocasión de perigo do Marín, un disparo lateral de Lucía tras unha recuperación de Guida. Outra de Gi Portes no minuto 10 nunha acción individual tras un roubo no que regatea a defensa burelense pero non atina coa portería. Continúan tentando o gol ambos equipos, pero poucas finalizacións durante os seguintes minutos desta primeira parte. Téntao Emilly bloqueando Ana Pinto no minuto 15 tras un bo roubo de Dany en preto da área visitante e boa carreira ao longo da pista ata a cancha contraria, pasa a Emilly que tenta coala entre a defensa ata Noelia Montoro e volvéndoo a tentar, esta vez coa portería como obxectivo, no rexeite tras chocar nunha das xogadoras locais. Volve atoparse con Ana Pinto, esta vez na liña da área, nunha carreira pola banda e cara a cara coa porteara no minuto 17. Case consegue o segundo Cilene nun lanzamento cruzado no minuto 3 e vólveo a buscar sen conseguilo Emilly no minuto 19 cun disparo afastado que bloquea coas mans a porteira do conxunto pontevedrés. Sálvaa Ana Eliza de novo, desviándoa a córner coa man nun cara a cara con Bravo tras unha contra moi ben montada pola porteira que sae rápido da área co balón nunha situación de ataque das visitantes.
Na segunda parte primeira ocasión clara das visitantes, cun disparo de Débora que bloquea a porteira do Marín. Téntao con accións rápidas o conxunto de More sen lograr finalizar con xeito, mentres as burelenses dominan o encontro con moito xogo de balón e posesión pero sen conseguir o gol. Ata o minuto 25 no que o Burela encaixa dous goles seguidos, o primeiro de Emilly cun disparo lateral que nun principio parece deter Ana Pinto, pero que se lle escapa das mans e Antía Pérez protéxea ata que o balón cruza a liña de meta, cedendo o tanto á súa compañeira, e un segundo tanto, esta vez de Patricia, nunha boa xogada combinativa con Antía Pérez. Non tarda moito en chegar o cuarto, no minuto 28, un golazo impresionante de Dinha tras un moi bo control do balón ante Patri Corral, sorteándoa e meténdoa ao traveseiro cun disparo imparable. No minuto 34 Cami cóaa entre as pernas de Patri (tras a expulsión de Ana Pinto), cun disparo raso conseguindo o quinto, e no 38 Antía Pérez anota o sexto desde a área tras un bo roubo a media pista e unha boa combinación con Patricia. Consegue un tanto o Marín no último minuto, tras a sexta falta das mariñás que lanza desde os 10 metros Guida pero que bloquea Ana Eliza, aproveitando o rexeite Café para anotar o 1-6. A segundos de rematar o encontro Patricia logra o hat-trick e o 1-7 final cun gol a portería baleira dende propia cancha en pleno ataque con porteira-xogadora do Marín.
A fin de semana que vén as Pícaras enfrontaranse ao AE Lles Corts, en Vista Alegre, nun horario que aínda non é oficial, pero que se prevee ás 21.00h.
Ficha Técnica ENCE Marín Futsal 1-7 Pescados Rubén Burela FS
ENCE Marín Futsal (1): Ana Pinto; Bravo, Gi Portes, Café (C), Guida –cinco inicial-, Miriam, Paula, Lucía, Patri Corral, Daniela, Gisela.. Entrenador: Daniel Álvarez “More”
Pescados Rubén Burela FS (7): Ana Eliza; Dany (C), Noelia Montoro, Débora, Emilly – cinco inicial-, Patricia, Cami, Cilene, C. Pedreira, Cris Lourés, Antía Pérez, Dinha. Entrenador: Julio Delgado.
Goles: 0-1, min.4: Patricia. 0-2, min.25: Emilly. 0-3, min.25: Patricia. 0-4, min.28: Dinha. 0-5, min.34: Cami. 0-6, min.38: Antía Pérez. 1-6, min.39: Café. 1-7, min.40: Patricia.
Árbitros: Ander Orbegozo Cantón, Olivier Cardero Rodríguez, Marcos Vázquez Mayan, Vanesa Covelo Vilariño.
TA: Noelia Montoro, Cris Lourés.


























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.


