A maioría das persoas produtoras de faba da comarca da Mariña perderon máis do 80% da colleita
Lourenzá, 4 de decembro 2024. Comezamos decembro con malas novas para as produtoras e os produtores de faba, xa que van rematar o ano con perdas de máis do 80% da colleita. “O problema foron sobre todo as enfermidades do cultivo polas chuvias constantes todo o verán na zona da Mariña, non houbo 3 días seguidos sen que non chovera”, explica a Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas, Isabel Vilalba Seivane, produtora de faba de Lourenzá. “A humidade e a calor axuda a que proliferen moitas enfermidades, isto fai que os fungos afecten moito máis nun cultivo como a faba”, engade.
Neste momento hai unha situación xeneralizada onde a maioría das produtoras e dos produtores de faba teñen menos do 20% da colleita que terían outros anos, é dicir, que se perdeu máis do 80% da colleita.
Dende o Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas solicitamos unha xuntanza coa Consellería do Medio Rural para demandar un plan de apoio ás persoas produtoras de faba con axudas específicas, por unha banda, e, tamén, que se poña a andar un proxecto de investigación para axudar a combater as enfermidades do seu cultivo.
“Aínda que se chaman fabas da Lourenzá trátase dunha produción que engloba o territorio da Mariña, de feito estimase que se produce na Galiza o 30% de toda a leguminosa que hai no estado español, e a maioría incluso está na Mariña”, sinala Isabel Vilalba. A zona de produción, almacenamento e envasado da faba abarca o territorio da Mariña Luguesa -A Mariña Occidental, A Mariña Central e A Mariña Oriental-, que engloba os concellos de Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove. No mercado de Lourenzá véndense arredor de 600.000 kg anuais de faba.
Dende o Sindicato Labrego Galego consideramos que estamos nun momento de inmensa dificultade para esta comarca e que a problemática afecta dunha maneira importante a moitas persoas produtoras e á economía de toda a Mariña, por iso solicitamos con urxencia unha entrevista coa Consellería do Medio Rural para tratar posíbeis solucións. “Cómpre sacar unha liña de axudas para as produtoras e os produtores ante as perdas, pero tamén é fundamental que se estableza unha liña de traballo para axudalas con toda esta situación de enfermidades que afectan ao cultivo derivando tamén de todos os cambios que está habendo no clima”, sentenza a produtora de faba e Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego- Comisións Labregas, Isabel Vilalba Seivane.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.


