Licitou ademais dous proxectos para rehabilitar 10 quilómetros da LU-P-1106, que conecta Castro de Rei e Campo do Oso, na Pastoriza; e para a mellora do trazado de dúas curvas na LU-P-5501 que vai de Meira a Riotorto desde Riocabo ás Rodrigas
Lugo, 9 de maio de 2025. A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo avanzou este venres na contratación de diferentes traballos de mellora e acondicionamento da nosa rede viaria provincial cun investimento da Deputación de preto de 6M€. Así o informou a Voceira socialista do Goberno provincial, Pilar García Porto, quen detallou que quedaron contratados os desbroces das estradas provinciais de 16 concellos da Mariña e da Terra Chá e se avanzou na contratación das obras de mellora de 12 estradas provinciais.
No que ten que ver coas rozas, a Deputación de Lugo adxudicou o desbroce das vías provinciais ao seu paso por 16 concellos da Mariña e da Terra Chá nun prezo de máis de 3,5M€ e cunha duración de dous anos, para o período 2025-2027. Son as zonas correspondentes a 4 lotes do contrato, as que afectan aos concellos do Vicedo, Viveiro e Ourol; Burela, Cervo, Foz, O Valadouro e Alfoz; Muras, Xermade e Vilalba; e Barreiros, Ribadeo, Trabada e Lourenzá:

“Como sabedes, ademais das obras, a conservación e os desbroces levan unha parte moi importante do investimento que destinamos a mobilidade. Este ano son máis de 27M€, máis do 21% do noso orzamento, para manter nas mellores condicións posibles os 4.217 quilómetros de vías na rede provincial”, argumentou García Porto.
Licitadas as obras na LU-P-1106 e na LU-P-5501
Ademais, a Deputación licita dous proxectos para mellorar as estradas provinciais. Un por 507.968,3€ que servirá para rehabilitar 10 quilómetros da LU-P-1106, que é a vía que conecta Castro de Rei e Campo do Oso, na Pastoriza, por Reigosa. Os traballos, que terán un prazo de execución de tres meses, consistirán na reapertura de cunetas, acometer unha canalización de formigón para a mellora da drenaxe ó inicio da estrada, pavimentación con aglomerado en quente e sinalización en tres tramos:
Do inicio da estrada, en Castro de Rei á altura da ponte sobre o río Azúmara ata o punto quilométrico 7,682 en Formarán, na parroquia de Pacios.
Medio quilómetro ao seu paso pola parroquia da Reigosa, xa no concello da Pastoriza, desde o punto quilométrico 9,5 ao 10.
E algo máis dun quilómetro, desde a rotonda na intersección coa LU-P-4401 á altura da Ermida, entre os puntos quilométricos 10,5 ao 11,74.
Por outra banda, a Xunta de Goberno licitou a mellora do trazado en dúas curvas na LU-P-5501, que vai de Meira a Riotorto, desde Riocabo ás Rodrigas. A Deputación actuará en dous puntos da vía á altura da parroquia de Ferreiravella, en Riotorto. Nunha curva situada no punto quilométrico 4,965 e outra a continuación, no 5,765.
Os traballos consistirán na execución do desmonte, a pavimentación e o balizamento correspondente. O prazo de execución será de 3 meses e o prezo de licitación de 63.215,24€.
Adxudicadas diferentes actuacións para a mellora de 10 vías
Este venres a Xunta de Goberno adxudicou ademais 7 proxectos para a mellora de 10 vías en diferentes concellos da provincia.
En Friol, a empresa Construcciones Leonardo Miguélez Sl encargarase da rehabilitación do firme dun tramo da LU-P-2105, que conecta o empalme de Prado con San Paio de Narla; e doutro da LU-P-2115, entre O Vento e Santa Marta, na parroquia de Vilalvite. As actuacións, cun prezo de 225.902,16€, inclúen a reapertura de cunetas, pavimentación con aglomerado en quente e reposición da sinalización nos dous primeiros quilómetros de ambas vías. O prazo de execución será dun mes e medio. García Porto valorou que “con estas obras facilitaremos o acceso a diferentes servizos públicos e recursos turísticos como a Fortaleza de San Paio de Narla”.
Entre Guntín e Monterroso, a empresa José No Mantiñán e Hijos Construcciones SA, será a encargada das obras de mellora dos preto de seis quilómetros da estrada LU-P-3303, que conecta a Nacional 547 en Montecalvo coa Nacional 640 en Valdeporrás, nun prezo de 132.937,75€ e un prazo de execución de dous meses. Os traballos afectarán á totalidade da vía -do seu inicio ao punto quilométrico 5,8- e consistirán na reapertura de cunetas, saneo da explanada e pavimentación.
En Palas de Rei a empresa Leonardo Miguélez SL acometerá as obras de mellora de diferentes tramos en tres estradas provinciais cun orzamento de 126.916,9€:
O último quilómetro e medio da LU-P-4006, que conecta a Vila de Palas con Quindimil, desde o punto quilométrico 2,630 ao 3,975.
Os 5,287 quilómetros da LU-P-4009, que é a estrada que vai de Ribeira á Rampla de Covelo por Vilaseños.
E case a totalidade da LU-P-4011, que une Palas desde o cemiterio con Tarrios, ademais do ramal a Bburdallos. En concreto, as obras afectan do punto quilométrico 0,3 ata o 2,098; e o ramal que son case 900 metros máis.
Nas tres estradas as actuacións consistirán na reapertura de cunetas, obras de drenaxe, reparación de desperfectos, repavimentación e sinalización vertical. E o prazo para acometer estas obras é de mes e medio desde o seu inicio.
A empresa Construcciones Isidro Otero SL encargarase da mellora do firme nos últimos 3 quilómetros da LU-P-5207, que une o núcleo urbano de Ribadeo con Vilela. O prezo das obras será de 283.828,07€ e afectarán ao tramo que vai desde Seixadelo, na parroquia de Ove, ao enlace coa LU-133 en Vilela; desde o quilómetro 3,400 ao 6,277. E consistirán na reapertura de cunetas, pavimentación con aglomerado e sinalización. O prazo de execución será de mes e medio unha vez iniciados os traballos.
Ademais, entre a Mariña e a Chaira a empresa José No Martiñan e Hijos Construcciones SA mellorará os últimos seis quilómetros da LU-P-3804 que vai de Belsar no concello de Ourol, á parroquia de Viveiró, en Muras. Cun prezo de 249.347,99€ e un prazo de execución dun mes desde o inicio das obras, os traballos consistirán na reapertura de cunetas, pavimentación con aglomerado e pintado da vía.
Obras y Saneamientos Galicia SL resultou adxudicataria das obras de mellora de 8 quilómetros de vía en Negueira de Muñiz. Cun orzamento de 301.661,92€ a Deputación rehabilitará boa parte da LU-P-3601, que vai desde Acebo na Fonsagrada, ata o núcleo de Negueira de Muñiz. As obras darán continuidade ás que acometemos recentemente ao inicio da vía e mellorarán desde o punto quilométrico 2,384 ao 10,250. Consistirán na reapertura de cunetas, execución dun espazo de paso para peóns 1,20 metros de ancho, pavimentación con aglomerado en quente e reposición da sinalización. As obras terán un prazo de 3 meses.“Esta estrada conta ao seu pé cun miradoiro e unha área recreativa, polo que esta actuación redundará na seguridade de visitantes e veciñanza”, valorou a Deputada.
Xa para finalizar o capítulo de estradas, na Pobra do Brollón adxudicouse a obra de mellora dos últimos oito quilómetros da LU-P-4702 á empresa Fevisa Vías y Obras SL nun prezo de 435.600€. Trátase da vía que une os lugares de Vilachá e Estación por Rozabales. Os traballos, que se realizarán do punto quilométrico 2,5 ao 10,8, terán un prazo de execución de mes e medio; consistirán na mellora da drenaxe, a pavimentación con aglomerado en quente e sinalización; e servirán para mellorar as comunicacións da veciñanza de Vilachá de Salvadur, Airexa e Salgueiros.












Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.