Xove, 2 de xullo de 2025. “Hai meses que se xubilou a doutora Eiriz e dende aquela a praza está sen cubrir máis alá de sistitucións días puntuáis e moitas veces con diferentes médicos o cal impide unha atención continuada aos pacientes. As usuarias da médica non poden sequera pedir cita a través da app pois non hai ocos dispoñibles a varias semanas vista. Mesmo a día de hoxe non hai citas para antes do día 28 deste mes” denuncia a responsable local, Pilar Vázquez que alerta que a falta de reposición da praza só é unha mostra máis do abandono da Consellería, e polo tanto da Xunta cara a nosa Vila.
O grupo municipal advirte que o abandono comezou dende que non se repuxo a praza do terceiro médico de familia, deixando toda a demanda dunha poboación cada vez máis dependente e envellecida en más de unicamente dous profesionais; e que agora asistimos a un centro de saúde desmantelado ao contar só con unha médica fixa con praza.
“O Partido Popular nada fixo para reclamar que se cubra a praza da pediatra e agora está de brazos cruzados ante a falta de cobertura da atención primaria da veciñanza”, advirten dende a formación nacionalista.
Campaña de recollida de sinaturas
“A atención primaria non está cuberta, levamos anos reclamando que se cubra a praza da pediatra e non fixeron caso. Agora están a buscar o mesmo coa médica de familia e é algo polo que non podemos pasar” continúa Vázquez, indicando unha constante perda de dereitos nas vilas pequenas que é preciso frear antes de que sexa demasiado tarde.
Dende a formación local do BNG anuncian para este mércores día 2 de Xullo o comezo dunha campaña de recollida de sinaturas diante do centro de saúde para intentar conseguir que se solucionen estas demandas que están a ocasionar que a veciñanza teña que desprazarse ou esperar períodos excesivamente longos e incertos para recibir a atención primaria tan necesaria para o seu benestar. “Volveremos recoller sinaturas este venres e o mércores que vén” conclúe.