Ribadeo, 22 de xullo, 2025. O pasado venres 18 de xullo tivo lugar en Ribadeo o evento Soberanía Dixital VI: Dominio Público. Tamén teu. Alí, os membros de amarinha.gal desenvolveron as liñas básicas para a comprensión do que significa e como se aplica o dominio público nos materiais impresos, na música ou no cine.
Precisamente elixiuse este último, o cine, para continuar o evento cunha mostra do uso do dominio público. Así, terá lugar o próximo día 2 de agosto, sábado, ás sete da tarde no teleclube de A Rilleira (Cabarcos, Barreiros) a proxección e comentario dun clásico que xa ten pasado ó dominio público: O heroe do río (Steambot Bill Jr.) protagonizada por Georges Cukor e dirixida por el mesmo e Charles Reisner.
Xa en setembro, na Biblioteca de Ribadeo, terá lugar a seguinte actividade do ciclo ‘Soberanía Dixital’, ‘Contraalgoritmia, xardín dixital’, da que se dará conta máis adiante