Alfoz, 7 de xullo, 2025. O Concello de Alfoz en colaboración con Guía tu día continúa acollendo con éxito as rutas organizadas dentro do programa Polos Camiños do Mariscal, unha iniciativa para poñer en valor o rico patrimonio histórico, cultural e paisaxístico do municipio. O pasado mes de xuño tivo lugar a primeira delas, un roteiro dende a Pena Abaladoira ata a Fervenza do Escouridal.
Na xornada de onte, as persoas participantes gozaron dunha completa visita guiada da man de Ana, de Guía tu día, quen acompañou ao grupo por varias parroquias como Bacoi, Carballido, Adelán ou O Castro. Ao longo do percorrido, as persoas asistentes camiñaron polas beiras do río Ouro e descubriron a historia que envolve as casas señoriais e pazos, os pombais, cruceiros, fontes e igrexas.
A ruta culminou na parroquia do Castro, onde puideron contemplar o emblemático Castrodouro e o seu Castelo, unha xoia patrimonial que continúa a espertar interese entre veciñanza e visitantes.
Precisamente este será o emplazamento proximamente da vintecinco edición do Mercado Medieval que se celebrará a noite do 18 e 19 de xullo. Entre unha completa e variada programación, o sábado 19 haberá unha visita guiada dirixida a grandes e pequenos.