A institución provincial colabora con esta entidade co obxectivo de concienciar da importancia do deporte como unha prácticavital para fomentar a inclusión a través da visibilización, pero tamén para mellorar a calidade de vida das persoas con diversidade funcional. Ademais da provincia de Lugo, a cita deportiva percorrerá ata o domingo, día 5 de outubro, os municipios galegos de Pereiro de Aguiar, Santiago de Compostela e Vilagarcía de Arousa.
Os Deputados de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto, e de Medio Rural e do Mar e Mocidade, Daniel García, participaron este xoves en Barreiros na décimo terceira edición das Marchas Ciclistas Unificadas que organiza Special Olympics Galicia

Relacionado
-
Barreiros acolleu a primeira etapa da Marcha Ciclista Unificada de Special Olympics, con medio cento de participantes
-
Barreiros celebrará o seu tradicional Mercadiño no Outono o domingo 12 de outubro
-
Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre actuarán o domingo en San Miguel de Reinante, no ciclo Polavilas no paraíso da Vicepresidencia da Deputación