Elena Candia reivindica a un PP con “capacidade de chegar a acordos e de defender os intereses da provincia” fronte ás liortas internas do PSOE e a complicidade do BNG
Lugo, 30 de setembro de 2025. O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, avogou hoxe en Lugo por unha política de vivenda “de dobre nivel” que permita actuar tanto nas cidades e vilas medias, onde a demanda é maior, como no rural, onde é necesario fomentar e garantir a fixación de poboación.
Nesa liña é na que, tal e como explicou ante a Xunta Directiva Provincial do PP de Lugo, está a traballar precisamente o Goberno galego. Por unha banda, con programas de vivenda pública e rehabilitación do parque existente no eido urbano e, por outra, garantindo que haxa vivenda digna dispoñible no rural para ofrecer oportunidades reais ás familias para quedar no seu lugar de orixe e así facer fronte tamén ao reto demográfico.
Unha política que xa se está a aplicar na provincia de Lugo e no conxunto de Galicia con outras medidas complementarias como programas para facilitar a mobilización de vivendas baleiras, avais para a compra de primeiras vivendas ou liñas de axuda para a rehabilitación e a eficiencia enerxética.
Alfonso Rueda defendeu que Lugo tamén ten que ter un papel propio no eido da investigación e a innovación. Non en balde, a Universidade e os seus grupos de investigación en ciencias da saúde, biotecnoloxía, agroalimentación ou economía circular son un referente. Ademais, na súa opinión, o polo de innovación alimentaria e os proxectos en enerxías renovables e dixitalización do rural son a demostración de que esta provincia pode ser vangarda en sectores estratéxicos e “unha das portas á Galicia do futuro”.
Na súa intervención, o líder dos populares galegos, tampouco quixo esquecerse de abordar unha vaga de lumes que “non entende de provincias nin de límites xeográficos” e que fixo que Lugo este ano estivese no centro da emerxencia, con concellos afectados como Pantón, Barreiros e A Fonsagrada.
Por iso, xunto ás responsables dos departamentos implicados na posta en marcha das axudas aos afectados –María José Gómez (Medio Rural), María Martínez Allegue (Vivenda e Planificación de Infraestruturas) e Ángeles Vázquez (Medio Ambiente e Cambio Climático)–, reivindicou a velocidade, a cobertura e a flexibilidade que caracterizan a estas axudas e as diferencian das do Goberno central.
ELENA CANDIA: “REIVINDICAMOS O NOSO PROXECTO”
Elena Candia, pola súa banda, defendeu ao PP da provincia como “un partido que chega a acordos e defende os intereses da provincia” fronte a un PSOE que “non é capaz de poñerse de acordo cos seus – tras protagonizar unha crise na Deputación a comezos do verán e votacións contraditorias, por exemplo, na institución provincial e no Concello de Lugo– e un BNG “cómplice” dos socialistas onde forman gobernos de coalición;
“O PP continúa a reivindicar o seu proxecto en cada concello e na provincia”, engadiu subliñando que “os socialistas lucenses, cando teñen que elixir, elixen a Sánchez por diante dos seus veciños” e lamentando que “permitan ao Goberno central desconectar á nosa provincia cada vez máis”.
En materia de infraestruturas e mobilidade, a presidenta provincial do partido lembrou: “Lugo é a única capital de provincia sen conexión coa alta velocidade. A pesar da inauguración do túnel de Oural, a liña ferroviaria non permite a circulación da alta velocidade nin se reduce o tempo da viaxe porque Sánchez renunciou á construción das variantes”.
Tamén apuntou que “a pesar dos anuncios do alcalde de Lugo, os lucenses continuamos sen dispoñer dunha conexión directa con Madrid que permita chegar á capital pola mañá para facer xestións porque o primeiro tren chega a mediodía”. E, ademais, afeou “o desprezo de Óscar Puente á provincia ao non lembrarse de Lugo para o estudo da implantación de cercanías en Galicia”.


























A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.



