Unha imaxe que demostra a paixón polo futsal na Mariña Lucense, tanto hoxe coma ao longo da existosa historia da entidade laranxa
Burela, 17 de abril, 2026. Na tarde do xoves 16 a Familia Laranxa do Burela FS reuniuse no pavillón municipal Vista Alegre para sacar a foto de familia anual á que se convidou a asistir a todo o club (equipos sénior, Escolas Deportivas, técnicos de todos os equipos, profesionais e directiva) así como a socias e socios, afección, colaboradores, patrocinadores e institucións. Por parte da Xunta de Galicia acudiu o xefe de Servizo Provincial de Deportes en Lugo, Manuel Méndez Otero, por parte do Concello de Burela, o tenente de alcaldesa e adestrador do filial, Mario Pillado, o edil de Turismo, Mar e Obras, Ramiro Fernández, e o concelleiro Alberto Eiroá.
Máis de 300 persoas asistiron a unha imaxe que reflicte a paixón polo futsal na vila de Burela e na comarca da Mariña, a través dun dos clubs cunha das estruturas e Escolas Deportivas máis potentes da provincia, con case 200 nenas e nenos que participan, aprenden e se ilusionan cun deporte que é “marca A Mariña” e do que ademais poden disfrutar cada fin de semana vendo xogar os dous equipos sénior nas máximas categorías da competición. Cunha afección fiel, que sempre está, nas boas e nas malas, e que cruza a península dende hai máis de dúas décadas, todas as tempadas, para apoiar o seu equipo nas grandes ocasións, demostrando ademais sempre unha educación deportiva exemplar, que se reflicte na base e filosofía do club.
A entidade laranxa, que cumpre 25 anos o próximo mes de setembro, é berce da paixón polo fútbol sala na provincia, apostando por un comprometido labor na súa longa e exitosa historia ata o día de hoxe.






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



