Burela, 8 de maio, 2026. Na asemblea extraordinaria celebrada a semana pasada, o Club Deportivo Reyco Burela FS expuxo aos seus socios e socias a delicada situación económica que atravesa a entidade, cualificada como de emerxencia e con capacidade para comprometer a súa continuidade a curto prazo.
Durante a sesión, á que asistiron preto dun cento de persoas, a directiva explicou que o principal obstáculo son as obrigas financeiras derivadas de pólizas e préstamos formalizados no ano 2020, integrados na débeda histórica procedente da xestión anterior a 2025. Un dos riscos máis inmediatos é a posible interposición de demandas polo incumprimento destes produtos bancarios, o que impediría afrontar pagamentos esenciais —como Seguridade Social ou impostos— e podería provocar o cesamento da actividade da entidade laranxa.
Ante este escenario, o presidente confirmou que o club xa solicitou formalmente apoio á Deputación de Lugo e á Xunta de Galicia, tanto en forma de patrocinio como de financiamento directo, e que se agarda unha resposta nas próximas semanas.
Paralelamente, o club intensifica contactos con empresas privadas e traballa na posta en marcha de iniciativas de financiamento colectivo. Entre elas, activarase unha campaña de doazóns a través da Fundación Imdecum, co obxectivo de mobilizar o apoio social e deportivo ao proxecto baixo o lema “25 anos de Historia. Corazón e Resistencia”.
A directiva reiterou o seu compromiso coa transparencia e coa prioridade de manter ao día os pagamentos ao persoal e aos provedores. Ademais, fixo un chamamento á responsabilidade colectiva para asegurar o futuro dunha entidade referente no deporte galego.
O presidente concluíu sinalando que a viabilidade do club para a próxima tempada dependerá directamente do éxito das xestións abertas nas vindeiras semanas, tanto no ámbito institucional como no privado.
Como facer a túa doazón a través da Fundación Imdecum
COLABORA. Número de conta: ES90 2080 0109 1630 4002 6828
A Fundación Imdecum (Impulso ao Deporte, Cultura e Turismo da Mariña) é unha entidade sen ánimo de lucro dedicada á promoción do deporte base, a cultura e o desenvolvemento turístico na comarca. A súa traxectoria inclúe iniciativas como as Xornadas do Deporte, o Festival Audiovisual Imaxiña ou o Memorial Heroes do Orzán, que reúne cada ano centos de deportistas de base.
Como fundación de interese galego, Imdecum está suxeita á Lei 12/2006 e ao seu regulamento, que establecen obrigas de transparencia, ausencia de ánimo de lucro e presentación anual da documentación contable e do plan de actuación ante o protectorado da Xunta de Galicia.
As doazóns realizadas á fundación poden acollerse ao réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos (Lei 49/2002), permitindo aos doantes acceder a deducións fiscais relevantes e incentivando así a participación cidadá no financiamento das súas actividades.





















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz

