Ribadeo, 15 de maio, 2026. O alumnado do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo participou un ano máis no Día da Ciencia na Rúa, organizado polos Museos Científicos Coruñeses. Un total de 20 estudantes de ESO e Bacharelato, acompañados pola profesora de Bioloxía Susi Besteiro, viaxaron á Coruña o sábado 9 de maio para presentar diversos proxectos elaborados ao longo do curso na materia de Proxecto Competencial e no Club de Ciencia.
Os grupos máis novos chamaron a atención do público co cubo flotante caseiro, os oloides imparables e un traballo sobre o picudo vermello, a praga procedente do sueste asiático que está a obrigar a cortar palmeiras en numerosos países. Explicaron que, ao atacar os tecidos internos, a presenza da praga adoita detectarse tarde, cando o dano xa é irreversible. Isto foi o que aconteceu cos dous exemplares do instituto, talados no Nadal. Durante os primeiros meses de curso, o alumnado atopou ramas caídas con insectos vermellos alaranxados, capullos e larvas en distintos estadios, o que os levou a investigar ata identificar o picudo vermello e o seu ciclo vital. O proxecto espertou grande interese entre os visitantes, moitos deles afectados tamén pola praga en palmeiras particulares ou coñecedores dos custosos tratamentos aplicados no propio xardín Méndez Núñez, sede do evento.
O alumnado de 3º e 4º da ESO presentou, ademais, un traballo sobre a importancia da rótula, inspirado na lesión dun compañeiro, e centrouse na prevención do consumo de bebidas enerxéticas e vapers, moi estendidos entre adolescentes. Explicaron que o líquido dos vapers pode conter nicotina e saborizantes como o diacetilo, composto que, ao ser inhalado, pode provocar bronquiolite obliterante, coñecida como “pulmón de palomitas”. A través dunha maqueta, mostraron que esta enfermidade foi inicialmente detectada en traballadores de fábricas de palomitas, pero hoxe afecta tamén a mozos consumidores de vapers, especialmente preocupante porque os dispositivos de última xeración teñen formas que dificultan que pais e responsables os identifiquen.
As alumnas de Bacharelato presentaron dúas maquetas sobre temas de actualidade biolóxica. A primeira, dedicada aos microARNs como interruptores da expresión xénica, traballo polo que Victor Ambros e Gary Ruvkun recibiron o Premio Nobel de Medicina en 2024. A segunda explicou de maneira accesible a inmunoterapia con células CAR-T, unha das revolucións actuais no tratamento de certos cancros, ao reentrenar o sistema inmune para recoñecer e atacar células malignas. Este proxecto tamén tivo moi boa acollida, xa que a inmunoterapia personalizada é hoxe unha realidade clínica combinada coa quimioterapia en moitos casos.
En conxunto, foi unha xornada moi proveitosa na que o alumnado ribadense destacou polo seu traballo, rigor e capacidade divulgativa, recibindo numerosas felicitacións. Os proxectos volverán exhibirse, xunto con outros novos, os días 10 e 11 de xuño na Feira da Ciencia de Ribadeo 2026, coa participación de todos os centros educativos do municipio.









O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



