A Mariña, 29 de xuño de 2026. A FCAM distribúe materiais gratuítos de rebaixas entre as asociacións que a integran. Trátase de 25.000 tarxetas para os prezos co antes e co despois e máis de 1.000 carteis.
A presidenta da FCAM, Carmen Cruzado, explicou que “o obxectivo é asumir custes que doutro xeito terían que afrontar as asociacións de comerciantes da Mariña que están integradas na FCAM. Recorremos a un deseño fresco e veraniego composto por carteis en dous formatos e as tarxetas para os prezos co antes e co despois”.
Cruzado Iglesias aproveitou a ocasión para animar á veciñanza da Mariña “a mercar tamén nas rebaixas nos negocios locais, nos que temos a carón da casa, eses que crean emprego, que fan e lle dan vida aos nosos pobos. Nos nosos comercios podemos ver, tocar e probar os produtos e se nos gustan levalos para a casa no momento. Ademais atoparemos un trato amable e personalizado, así como todo o asesoramento que precisemos. Ninguén nos coñece mellor a nós e ninguén sabe máis dos nosos gustos que a nosa tenda de confianza”.
A presidenta da Federación de Comercio A Mariña apostou “por fuxir das compras online a través das grandes plataformas de venda. Hai datos que nos indican que a tendencia e boom dos últimos anos está a cambiar, nova que nos alegra especialmente. Onde estea un sorriso en persoa que se quiten os de cartón”.
E subliñou: “na Mariña contamos cun comercio referente, con moitos anos de vida ás súas costas, no que podemos atopar todo o que precisemos durante todo o ano e tamén nas épocas de rebaixas”.


























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



