Ribadeo, 27 de xuño de 2026. A Gastropraza continúa coa súa programación de actividades pensadas para afondar no coñecemento do produto, da tradición culinaria e dos procesos de elaboración que forman parte da identidade gastronómica galega. Entre finais de xuño e o mes de agosto este espazo acollerá sete citas arredor do café, o pan, os peixes de temporada e produtos emblemáticos como o porco celta ou a tenreira galega.
Este sábado, día 27, tivo lugar unha sesión dedicada ao café, da man de Coffee Urban Roasters, profesionais do café de especialidade chegados desde Viveiro.
Xa no mes de xullo, o día 4 terá lugar un obradoiro centrado na elaboración de masas de pan, unha proposta pensada para achegar ao público técnicas, coñecementos e fundamentos básicos dun alimento esencial na nosa cultura gastronómica.
A Gastropraza continuará a súa actividade o día 18 de xullo cun encontro con Xulio Mato, especialista gastronómico e colaborador do programa da TVG A Voltas co Prato. E haberá unha nova sesión o 29 de xullo dedicada aos peixes de temporada, unha oportunidade para poñer en valor o produto do mar e a súa importancia na cociña galega.
O programa completarase en agosto con tres novas datas: o 5 cunha xornada arredor do porco celta; o 19 cunha sesión dedicada á tenreira galega; e o 26 de agosto con carne de poldro de Pura Raza Galega, pechando así un calendario de verán que aposta pola divulgación gastronómica, o produto de proximidade e a conexión entre tradición e cociña contemporánea.
Con esta programación, a Gastropraza consolídase como un espazo de encontro en Ribadeo para profesionais, persoas afeccionadas á gastronomía e público interesado en descubrir, aprender e gozar da riqueza culinaria galega a través de actividades especializadas e experiencias arredor do produto. A organización corre a cargo do Concello de Ribadeo, Xunta de Galicia, Acisa e a asociación Cociñeiros Lugo.


























Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xoves dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



